O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda. 27.3.13
Antón, Vigués Distinguido
O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda. 11.3.13
Encontro con Núria Pradas.
O día 21 de febreiro visitounos Núria Pradas, autora do libro de lectura obrigatoria en lingua castelá para o alumnado de 1º de ESO, titulado “Heka, un viaje mágico a Egipto”, de Editorial Bambú.
Dado que no noso centro hai cinco cursos deste nivel, repetíronse en dúas sesións, a charla e o coloquio, unha co alumnado de 1º A e B na biblioteca, e outra con 1ºC, D e E no salón de actos.
Nese tempo, a autora presentouse como profesora que fora ata adicarse por enteiro á creación literaria, respondendo a continuación a todas aquelas preguntas que lle fixeron os alumnos e alumnas, onde mostraron o seu interese e curiosidade por variados aspectos do argumento, no que o protagonista, Víctor, un neno do século XXI, viaxa polo tempo ata a civilización exipcia, na que vive situacións sorprendentes con Tutmosis III, futuro faraón, cando era neno.
No coloquio interrogaron á autora con cuestión de moi variada temática: por que lle gusta a historia, cal foi a orixe de elexir entre todas as culturas, a axipcia; desde cando escribe, cantos libros ten xa coa súa sinatura, se coñece os lugares que describe, quen tivo a idea do despregable que recubre o libro, por que non desenrolou máis o personaxe da primeira muller “faraón”, que lle levou a elexir eses e no outros exipcios famosos… Pero a pregunta do millón, para a que todos os nosos lectores querían resposta, era , por que o mundo desaparece no último capítulo e non se sabe que pasará con Víctor. Núria entón aclarou que nos dous libros seguintes que completan a triloxía, sobre as culturas vikinga e maya, resólvese o enigma.
Ó remate houbo un tempo para que Núria asinara os libros.
O comportamento, en xeral, de todo o alumnado foi moi bo, cousa que a titora de 1º D comunicou por escrito ós pais, felicitándoos.

6.2.13
Día da Paz
No Día da Paz celebramos no instituto a tradicional sesión de vídeos para o alumnado de 1º de ESO. En dúas sesións asistiron ao salón de actos para a curta "Pigeon impossible" e uns vídeos con karaoke realizados polo equipo de biblioteca ao longo destes últimos anos. Os vídeos, feitos con imaxes propias e de internet, incluían entre as imaxes diversas recomendacións de lectura.
Ademais, realizouse un cartel con recomendacións de lectura sobre o tema , que se distribuíu por todo o centro e se enviou por correo ao profesorado.
Pero tamén quixemos que o profesorado que nestes día trata o tema nas aulas tivese a oportunidade de amplialo, para o que fixemos unha exposición con recortes de prensa, tratando de recoller os múltiples factores que provocan que a palabra Paz estea a ser reivindicada continuamente. Acompañamos a expo coa elaboración e distribución dun cuestionario de traballo.
31.1.13
CONCURSOS MATEMÁTICOS
Un ano máis, o departamento de matemáticas, organiza o IV Concurso de Problemas Matemáticos e o III Concurso de Relato Matemático. Este ano os concursos están dedicados á matemática e filósofa Hipatia de Alexandría. Pódense consultar as BASES aquí. A participación no concurso de problemas, como en anos anteriores, faise a través da aula virtual, aínda que tamén se irán poñendo os enunciados no taboleiro dedicado a Hipatia que hai no vestíbulo do centro.
28.1.13
Taller de escritura medieval
No scriptorium os alumnos e alumnas de 3º de ESO convertéronse, durante a última semana do primeiro trimestre, en auténticos artesáns e amanuenses medievais: envelleceron e prepararon o papel, experimentando con distintas cores e texturas, escribiron utilizando letras góticas, decoraron elicadamente, como miniaturistas expertos, a letra capital, e o resultado foi a exposición que poidedes disfrutar na planta baixa do centro; pequenas xoias que parecen saídas directamente dun scriptorium toledano do século XIII... ¿E o tema da exposición? Pois a lírica medieval popular, sinxela, tenra ou pícara; cantigas de amigo, jarchas e villancicos recrean temas universais que nunca se esgotan.
Podedes ver o video do proceso neste enlace
Pili Ferrín
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)