Un ano máis, o departamento de matemáticas, organiza o IV Concurso de Problemas Matemáticos e o III Concurso de Relato Matemático. Este ano os concursos están dedicados á matemática e filósofa Hipatia de Alexandría. Pódense consultar as BASES aquí. A participación no concurso de problemas, como en anos anteriores, faise a través da aula virtual, aínda que tamén se irán poñendo os enunciados no taboleiro dedicado a Hipatia que hai no vestíbulo do centro.
31.1.13
28.1.13
Taller de escritura medieval
No scriptorium os alumnos e alumnas de 3º de ESO convertéronse, durante a última semana do primeiro trimestre, en auténticos artesáns e amanuenses medievais: envelleceron e prepararon o papel, experimentando con distintas cores e texturas, escribiron utilizando letras góticas, decoraron elicadamente, como miniaturistas expertos, a letra capital, e o resultado foi a exposición que poidedes disfrutar na planta baixa do centro; pequenas xoias que parecen saídas directamente dun scriptorium toledano do século XIII... ¿E o tema da exposición? Pois a lírica medieval popular, sinxela, tenra ou pícara; cantigas de amigo, jarchas e villancicos recrean temas universais que nunca se esgotan.
Podedes ver o video do proceso neste enlace
Pili Ferrín
25.1.13
UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA
Reproducimos con alegría a noticia publicada no noso imprescindible REDE LECTURA:
"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"
Desde o IES Alexandre Bóveda felicitamos a Fina, que xa pasou por aquí hai máis dunha década, e congratulámonos dobremente polo traballo que levamos realizado con O neno can, traballado nas aulas de 2º de ESO e que está a ter continuación no club de lectura de 1º de ESO.
26.12.12
Exposición de textos con instrucións
Co alumnado de 3º de ESO, nas clases de galego traballouse a elaboración de textos instrutivos, descritivos, de explicación de nomes... En todos os casos pedíaselle ao alumnado que presentase o texto de forma artística. Acolleron a proposta con entusiasmo e botáronlle, nalgúns casos, imaxinación, de tal xeito que realizamos con eles unha exposición.
Exposición celular.
Durante este trimestre, o departamento de bioloxía ven realizando unha serie de actividades de reforzo dos coñecementos teóricos. Nesta ocasión, o lumnado de 3ºA, 4ºA e 4ºB esmeráronse na elaboración de maquetas de Células Eucarióticas, traballadas con diversos materiais: plastilina, cartón, porespán, xeso, tea, cola, etc... Ademais de afondar nos coñecementos, buscouse mediante este traballo o fomento do traballo en grupo e a interdisciplinariedade co departamento de tecnoloxía. Con todas estas células fíxose unha exposición durante as dúas últimas semanas do trimestre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
