Mozos e mozas do club de lectura fixéronlles un regalo de Nadal ao alumnado de primeiro e segundo ESO. Fixeron unha seleción de poesías e relatos e foron polas aulas a lerllos aos compañeiros/as. A actividade foi moi ben recibida por todos, cousa que queremos agradecer, posto que foi concibida como unha sorpresa e, non tendo avisado de antemán, todos nos permitiron o paso.
8.1.09
O día antes das vacacións
Etiquetas:
alumnado,
CLUB DE LECTURA,
Lecturas públicas,
Nadal
14.12.08
Recomendacións para regalar no Nadal
Nesta última semana de clase queremos facer algunhas suxestións para aqueles/as que aínda non saben que pedirlle a Papá Noel ou aos Reis. Aproveitade para pedir un bo libro, ou sorprendede ás vosas amizades regalando libros. Aí van as nosas recomendacións. Picade en Open publication para velo a pantalla completa. Despois aínda se pode agrandar máis se picades na parte superior central onde aparecen catro frechas, unha para cada lado.
10.12.08
Dereitos humanos, arte e literatura
Hoxe, Día Internacional dos Dereitos Humanos, colocamos na biblio e no vestíbulo do insti unha exposición dos traballos que veu realizando o alumnado de 2º de bacharelato e dirixidos por Bea, profe de debuxo artístico. Os alumnos/as pintaron cadros inspirados noutros do pintor ecuatoriano Oswaldo Guayasamin, e cada un deles representa a un artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Tamén expuxemos unha selección de libros relacionados co tema, títulos como "No hay tiempo para jugar", "La piel de la memoria", "Zara y el librero de Bagdad", "O neno co pixama de raias", "O brillo dos elefantes", "Cartas de amor", "Fin de século en Palestina", "Educación e paz III", "Las cenizas de Ángela", e outros.
Etiquetas:
alumnado,
Arte,
Dereitos humanos,
Exposicións,
Recomendacións lectura
8.12.08
En busca de las voces perdidas. Libro do mes
Xa está aquí o novo libro do mes. Realiza connosco esta
viaxe en busca dos símbolos e das palabras. Anímate a participar no concurso máis lonxevo da biblioteca. Le con entusiasmo este conto sobre a necesidade da linguaxe. Unha fermosa fábula ideal para ler nas vacacións de Nadal. Quen será o primeiro/a en conseguir tódolos bibliopuntos postos en xogo?.
viaxe en busca dos símbolos e das palabras. Anímate a participar no concurso máis lonxevo da biblioteca. Le con entusiasmo este conto sobre a necesidade da linguaxe. Unha fermosa fábula ideal para ler nas vacacións de Nadal. Quen será o primeiro/a en conseguir tódolos bibliopuntos postos en xogo?.
Este mes, ademáis retomamos o concurso de ilustracións: podedes presentar unha ilustración sobre o contido do libro. Informádevos na biblio e pedídelle axuda aos profes de plástica. Ao mellor inventades un novo alfabeto...
Etiquetas:
Concursos,
LIBRO DO MES,
Recomendacións lectura
29.11.08
CRÓNICA DO ACTO (III)
O pasado luns tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da adenda aos presupostos entre o MEC e a Consellería de Educación por parte da Sra. Ministra e a Sra. Conselleira. Ao acto , entre outras persoas, fomos invitados os responsables de bibliotecas escolares. Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Con atención escoitou
aos tres plambeiros a ministra,
tamén nos felicitou
pola labor altruísta.
Ata que a vontade acabe
seguiremos traballando,
pero é mellor que poñades
no ROC ós bibliotecarios.
E entón a conselleira
ansiadas palabras pronunsiou:
será o sincuenta por sento
o que está no borrador.

Ese borrador borrado
parese que se quedou
e hai que sejir loitando
pa que nos metan no ROC.
E viñémonos de volta
coa mente tan do revés
que ata a amiga Olga
me chama Benito outra ves.
Sigue a crónica completa deste acto en:
O Segrel do Penedo (Capítulo I)
Milladoiro (Capílulo II)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)