5.3.07

Día mundial da poesía e da árbore (21 Marzo)

Comezamos xa a celebrar o día mundial da poesía poñendo en marcha unha nova actividade. Os profesores e profesoras de linguas encargaranse de difundir e promocionar a actividade entre o alumnado.

Cada alumno participante debe aportar unha poesía (en lingua orixinal ou traducida) nunha ficha xunto cunha brevísima reseña do autor/a e , a ser posible unha foto. As fichas colgaranse nun mural en forma de árbore, conmemorando tamén o día da árbore
Poemas na árbore
Alumnas pintando o mural
O día 21 de Marzo celebrarase un acto de lectura pública desas poesías, xunto coa proxección dunha montaxe audiovisual sobre as árbores e a natureza.
Dende a biblioteca, andamos tamén a preparar unha exposición sobre as árbores de Galiza.

...e este foi o resultado













Libro do mes (Marzo-Abril)

Xa está en marcha o novo libro do mes: La Tuneladora
Podes participar no concurso a finais de Abril, ou simplemente facernos un comentario sobre a lectura.
Se che gusta o debuxo, tamén podes participar no concurso de ilustracións sobre o libro.

14.2.07

Superpregunta

Cada trimestre realizamos esta actividade de busqueda e selección de información co alumnado de primeiro curso da ESO. Trátase de dar resposta correcta ás incognitas que aparecen en negriña nunha superpregunta. Cada resposta correcta serve de guía para ir á resposta seguinte. Os grupos compiten entre si ó longo do curso. Unha vez completada a ronda do trimestre, aí vos deixamos a superpregunta. Publicaremos aquelas que estean correctas.
SUPERPREGUNTA
En febreiro de 1996 prodúcese o divorcio dunha personalidade británica que máis tarde morre nunha cidade cuio centro está aproximadamente nas coordenadas 2º 15' E e 48º 50' N. Se lle cambiamos o acento a esa cidade, coincide en nome cun heroe troiano que tamén era coñecido por un sobrenome en honra dunha fazaña que fixera. ¿Quen era o preceptor do rei de Macedonia cuio nome de pía coincide co sobrenome do heroe troiano?

6.2.07

Xogo de búsqueda de información: "Cada ovella coa súa parella"

Grazas ós compañeiros do PLAMBE, aproveitamos esta actividade para xogar un pouco buscando e seleccionando información sobre parellas famosas da historia, literatura, cine, etc.

Durante o periodo de tempo que vai ata o 14 de febreiro, o alumnado pode escoller unha ficha co nome dun persoeiro, buscar información sobre él e a súa parella e elaborar unha ficha explicando por que están xuntos e unha pequeniña historia dos personaxes. Por último, pegamos as fichas nun gran mural en forma de corazón que temos na entrada da biblioteca.

5.2.07

Cartas de amor: Un certame de creación literaria

Xa está en marcha o noso segundo certame de Cartas de Amor. Escríbelle unha fermosa carta ó teu amado ou amada e entrégaa na biblioteca antes do día 14 de Febreiro. Haberá dúas modalidades. Unha para primeiro ciclo da ESO e outra para os demáis cursos. Os gañadores de cada modalidade verán a súa carta publicada na nosa revista "O besbello saltón"