Estes son os microrrelatos de terror que resultaron premiados no concurso de microrrelatos de terror do Samaín, organizado conxuntamente polo EDLG e a Biblioteca.
Parabéns!
As tarxetas de Nadal gañadoras do concurso imprimíronse para que o alumnado e o resto da comunidade educativa tivese unha copia.
Ademais, entregóuselle un lote de postais á presidenta do Centro Comercial Coia 4 para que as distribuíse entre os distintos comercios e que servisen de agasallo aos seus clientes. As gañadoras das tarxetas asistiron á entrega das propias postais, acompañadas pola coordinadora da biblioteca e polo coordinador do EDLG.
O
Equipo da Biblioteca do IES Alexandre Bóveda quere desexarvos unhas
boas festas ateigadas de boa lectura. Para iso, queremos achegarvos as
nosas suxestións lectoras, de temática e xénero variados, que axudarán a
que unha tarde chuviosa de manta e sofá se converta nunha experiencia
transformadora e inesquecible.
Podedes ver o vídeo na seguinte ligazón.
Bo Nadal e feliz aninovo!
En xaneiro comezaremos cun novo proxecto: o Club de lectura de familias e profesorado. Esta iniciativa xorde, principalmente, para promover a relación dos distintos sectores da comunidade educativa que forman parte do IES Alexandre Bóveda. Outra das razóns que nos impulsa é a estreita colaboración co Club de lectura do CEIP Plurilingüe Seis do Nadal. Deste xeito, compartiremos lecturas e as sesións e encontros cos escritores e escritoras.
As propostas lectoras son:
-Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo.
-A casa grande, de Olaia Sendón
-Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino
-Obras de Begoña Caamaño