10.12.25

Obradoiro de adornos de Nadal

Como estamos en tempo de Nadal, a Biblioteca organizou un obradoiro de adornos de Nadal. Dúas alumnas de 3º ESO foron as encargadas de coordinalo. 

Moito aprendemos delas!!








28.11.25

Obradoiro de escrita creativa

Branca Trigo, escritora e editora, achegouse ao instituto para realizar un obradoiro de escrita creativa, dirixido ao alumnado de bacharelato de artes escénicas. 

Cada un dos participantes deseñou o seu fanzine que incluía escrita e debuxo. 

Viva a creación!






17.11.25

Teatro na Biblioteca

 

Con motivo do Samaín, organizáronse dramatizacións de contos de medo na Biblioteca que se realizaron durante os recreos do 31 de outubro. Os teatreiros e teatreiras que participaron pertencen ao Club de Teatro que se creou este ano desde a Biblioteca. 

Por moitas máis funcións!



 

 


14.11.25

Samaín


Xunto co equipo do EDLG e o voluntariado da Biblioteca decoramos con motivos do Samaín o interior da Biblioteca e os corredores próximos. Entre eles, pantasmas con textos de medo de autores e autoras da nosa literatura, photocall e epitafios e animais fantásticos elaborados polo noso alumnado.

O 30 de outubro celebrouse na biblioteca a entrega de premios dos concursos organizados para o Samaín: concurso de decoración de portas "As portas do Inferno", concurso de epitafios e concurso de microrrelatos de terror, organizados polo EDLG, o departamento de galego e a biblioteca.

Parabéns ás persoas gañadoras e moitas grazas pola participación, especialmente ao alumnado dos cursos baixos que amosou unha gran creatividade e entusiasmo.





 





1.10.25

Cambios na biblioteca

Este curso 25-26 comeza unha nova etapa para a Biblioteca do IES Alexandre Bóveda. 

Queremos convertela nun espazo de lectura informal e creativo. Para iso, comezamos con parte da renovación do mobiliario e do espazo e...nos próximos meses e cursos seguirán a producirse cambios en todos os aspectos (paciencia e dádenos tempo!). 

Queremos que todos e todas participedes con nós nesta "revolución"!!! Parte dela podedes apreciala a partir da terceira imaxe.