15 DE NOVEMBRO
DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS
Para celebrar este día recibimos na biblioteca duás escritoras: Nones Araujo e Raquel Castro
Este día celébrase para facer
visible a aportación das mulleres na literatura, e reivindicar o seu
papel fronte á falta de recoñecemento que as escritoras sufriron
ao longo da historia.
PRESENTACIÓN
DAS ESCRITORAS:
NONES ARAÚJO.
O noso
instituto tivo a sorte de que fose profesora de Lingua no
Alexandre Bóveda. Cando se xubilou comezou a escribir, obtendo
numerosos premios polos seus relatos, como o
Anxel Fole
de Lugo por Imaxes
roubadas,
no 2021,
ou o “Alén”
de Novela curta do Concello de Ares no 2022 pola súa última
novela A
Madriña,
publicada en Hércules, ademáis doutros moitos recoñecemento e
premios., c
En canto as súas novelas:
Imaxes roubadas,
publicada en Xerais no 2022, e que Nones veu presentar tamén ese
ano ao noso instituto,xa que a leramos no noso club de lectura. Son
vinte e nove relatos inspirados en obras de arte. Impresións
sobre as mesmas que suscitan historias moi suxerentes e que nos convidan a disfrutar da arte, da imaxinación e da lectura, nun
percorrido artístico e literario que nos ensina a ver a arte dun
xeito diferente, cheo de sensibilidade e imaxinación.
A
madriña ,
publicada este ano e recén adquirida pola nosa biblioteca.
Ambiéntase no ano 57 do século pasado e fala dunha nena, filla de
país emigrados, que queda a cargo da súa madriña .
Unha historia ambientada nunha época non tan lonxana no tempo e que
promete ser moi interesante.
RAQUEL
CASTRO.
Profesora
tamén de Lingua galega, fundou en 1999 a Asociación Teatral
de Alxén, da que é presidenta, e comezou a dirixir o grupo de
teatro “Ata Sempre” . Escribe as pezas dos dous grupos que
pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas
para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. No IES
Ribeira do Louro, onde traballa, dirixe un grupo teatral de alumnos
e alumnas da ESO e coordina tamén o” Premio
Roberto Vidal Bolaño de Teatro”, que
se convoca en colaboración coa Editorial
Galaxia e
o Concello do
Porriño.
Ten publicados varios títulos
polos que obtivo numerosos premios e recoñecementos como, dentro da
narrativa,
Bestiario
doméstico ou Número
atómico 74, no 2017.
O último, publicado este ano 2023,
Sobremesas sobre
versos,
premiado co Premio
Simbad de Literatura infantil
para o Recordo e o Alzheimer,
na que
unha rapaza e a súa avoa elaboran sobremesas mentres lembran a
mocidade e infancia no Courel dunha anciá que comeza a despoboarse
de saberes e recordos. Mistúrase así nesta obra a poesía e a
narrativa coas receitas das sobremesas.
Tamén
publicou numerosas obras de teatro infantil e xuvenil, entre
as que cito algunhas que lemos no instituto, como
As
terapias da doutora Ledicia,
que obtivo
unha
Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014),
que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, e foi finalista na Gala
do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro
;
A
formiga fora do carreiro,
co
2º premio ao Mellor libro de teatro en galego, en Fervenzas
Literarias no 2018 e finalista na Gala do libro galego 2019 na
categoría de Teatro, ademáis de estar incluida na lista
lista OEPLI , que selecciona as mellores obras de autores españois
en literatura infantil e xuvenil, no ano 2019;
Dormente,
unha versión moi especial do conto tradicional da Bela dormente (
incluiuda na lista OEPLI 2021), ou
Planeta
Bugallo,
sobre extraterrestres galegofalantes na busca de galegofalantes en
Galicia, cousa que lles custa (lista OEPLI 2022).
Tivo lugar un debate con elas e dous gupos de 1 de bacharelato, onde falaron directamente sobre o que significa para elas ser escritora, o que as levou a escribir. Contaron a súa experiencia sobre se se pode vivir da escritura en Galiza, comentaron temas como se se pode falar dunha literatura xenuinamente femenina, deron consellos para a rapazada que está empezando a escribir ou que se quere adicar a escritura. Opinaron tamén sobre os premios Nobel. Foi unha charla amena e moi interesante.
Raquel Castro e Nones Araújo (de esquerda á dereita)
Nós, este curso, temos no corredoiro, en fronte da biblioteca, unha exposición de mulleres que levaron o Nobel de literatura, e poderedes ver que hai bastantes escritoras recoñecidas, pero tamén que seguramente son moitas menos das que o merecerían.