8.6.23

 A BATALLA DE RANDE

O 30 de maio recibimos no Club de Lectura o autor e debuxante do cómic A batalla de Rande, editado en galego pola editorial Galaxia. David Braña, guionista, e Pablo Pardo, debuxante, falaron do proceso de creación dun cómic: desde que xorde a idea da historia na cabeza do guionista ata que se plasma nas distintas viñetas.


A batalla de Rande desenvólvese no ano 1702, durante a guerra de Sucesión española, cando galeóns españois, acompañados por forzas aliadas francesas, arribaron á ría de Vigo co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico.Ata alí, seguiunos a escuadra da coalición anglo-neerlandesa, coa idea de apoderarse dese cobizoso botín. A batalla foi encarnizada e, aínda hoxe, segue a ser motivo de especulacións, investigacións e, incluso, posta en relevo polo escritor Jules Verne na súa novela 20.000 leguas baixo dos mares.

 Haberá tesouros afundidos na ría de Vigo?

28.5.23

  

23 de abril    DÍA DO LIBRO

Estas semanas ten lugar nos pasillos do noso instituto unha exposición para celebrar o Día do Libro.

Os alumnos de Lingua Española participaron nesta exposición coas súas recomendacións

Eiquí unha mostra.









Por outra banda, os alumnos de Francés de 1º de ESO elaboraron uns carteis para animarnos a visitar a nosa biblioteca.












Os alumnos de Francés de 1º , 2º et 4º de ESO da profesora Mer Pérez, tamén participaron nesta celebración, ilustrando poésia francófona. Vai unha pequena mostra.













A profesora de plástica Cristina Brea tamén elaborou unhas fichas de lectura  ilustradas, cos seus alumnos de 2º ESO. Unha pequena mostra a continuación.










25.2.23

 


A BIBLIOTECA VÍSTESE PARA O ENTROIDO👿👹



De este xeito preparouse a biblioteca para as celebracións do Entroido.














8.1.23

 


25 DE NOVEMBRO

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día Internacional contra a violencia de xénero para denunciar e erradicar a violencia que sofren as mulleres no mundo.

 O noso instituto tinxiuse de morado. Os membros  do Comando Igualdade coordinados por a profesora Ana Álvarez  levaron a cabo varias actividades de concienciación.