10 DE DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Para celebrar o día dos Dereitos Humanos, o departamento de lingua Castelá en colaboración coa biblioteca preparou unha exposición.
Os alumnos traballaron sobre diferentes aspectos e plasmáronlos nesta mostra.
FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA
Esta primeira semana do mes de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca as sesións de formación de usuarios para o alumnado novo do noso instituto.
As profesoras encargadas da biblioteca explicamos o funcionamento da mesma e entregamos ao alumnado o seu carnet co seu número de lector.
Animámolos tamén a formar parte dos diferentes clubs: de lectura, de manga, de xogos de mesa e do Comando Igualdade.
E sobre todo animámolos a visitar a nosa biblioteca e o apaixonante mundo dos libros !!