Os alumnos e alumnas de 1º de ESO Susana Castiñeira Lampón, Iria Feijoo
Rey, Lucas Lestón Benavides, Adrián López Fernández, Lydia Lorenzo Cisneros, Antón Sánchez Landesa, Alba Estévez Vázquez, e Martín Lomba Rodríguez, foron os gañadores absolutos do 1º rally matemático galego para 1º de ESO. O xoves 11 de abril competiron na gran final en Santiago e acadaron a victoria. Moitas felicidades. Agora a pola superfinal do rally en Toulouse. Aquí podemos velos coa súa profe Paloma. Parabéns para estes futuros científicos...
13.4.13
Conferencia Matemática: curso de cociña estatística
Cunha presentación moi amena a profesora amosou a estatística como unha ferramenta (ingredientes) para a investigación científica (menús). Cunha información sinxela e clara, introduciunos no mundo da estatística descritiva e o da estatística inferencial, amosándonos distintos exemplos de campos de traballo e investigacións que teñen a estatística como ferramenta clave.
| A conferenciante (esquerda) cos profes de matemáticas |
Esta charla, organizada polo departamento de matemáticas dentro do seu plan lector, é a actividade que pon punto e final ao IV concurso de problemas de matemáticas e III concurso de relatos matemáticos. Previo á charla entregáronse os premios de estes dous concursos, que tiveron por gañadores a:
1º Premio do IV concurso de problemas matemáticos para 1º e 2º de ESO: David Estévez Prieto (2ºF)
Accesits: Patricia González Cabaleiro, Silvia Mosquera Lago
1º Premio do IV concurso de problemas matemáticos para 3º e 4º de ESO: Paula Piñeiro Varela (4ºA)
Accesits: José Luís González Cabaleiro, Pedro Mirón Domínguez
1º Premio do III concurso de relatos matemáticos para 1º e 2º de ESO: Antía Álvarez Pazó (1º ESO B)
3.4.13
Con Alfredo Gómez Cerdá
O 21 de marzo visitounos no instituto o coñecido escritor de literatura xuvenil Alfredo Gómez Cerdá. No salón de actos, e durante unha media hora, o autor falounos do seu temprano amor pola lectura e o relato, o proceso creativo, as súas obras máis exitosas... A partir de aí, foron os propios alumnos e alumnas de 3º os dirixiron a conversa. E Alfredo satisfixo de boa gaña a súa curiosidade: sobre tempos de espera entre a escrita e a publicación dun
texto, a rendabilidade do traballo literario, o seu interese polo público xuvenil... Sorprendentemente, sen embargo, deixaron de lado cuestións relativas á novela lida en clase, El rostro de la sombra, tendo en conta, sobre todo, que o final deste emocionante libro deixáraos bastante intrigados...
Curiosidades a parte, foi, coma sempre, una interesante experiencia para todos o feito de poder escoitar e charlar en directo co autor dunha obra traballada previamente na aula.
27.3.13
Antón, Vigués Distinguido
O noso compañeiro Antón Piñeiro é un dos "vigueses distinguidos" do ano 2013. Concédeselle o premio polo seu labor a fronte da Agrupación Deportiva Seis de Nadal e pola súa labor docente. Noraboa e grazas a Antón pola súa dedicación. No seu discurso Antón recalcou a importancia do deporte sen esquecerse do orgullo que lle produce dedicarse ao ensino público no IES Alexandre Bóveda. 11.3.13
Encontro con Núria Pradas.
O día 21 de febreiro visitounos Núria Pradas, autora do libro de lectura obrigatoria en lingua castelá para o alumnado de 1º de ESO, titulado “Heka, un viaje mágico a Egipto”, de Editorial Bambú.
Dado que no noso centro hai cinco cursos deste nivel, repetíronse en dúas sesións, a charla e o coloquio, unha co alumnado de 1º A e B na biblioteca, e outra con 1ºC, D e E no salón de actos.
Nese tempo, a autora presentouse como profesora que fora ata adicarse por enteiro á creación literaria, respondendo a continuación a todas aquelas preguntas que lle fixeron os alumnos e alumnas, onde mostraron o seu interese e curiosidade por variados aspectos do argumento, no que o protagonista, Víctor, un neno do século XXI, viaxa polo tempo ata a civilización exipcia, na que vive situacións sorprendentes con Tutmosis III, futuro faraón, cando era neno.
No coloquio interrogaron á autora con cuestión de moi variada temática: por que lle gusta a historia, cal foi a orixe de elexir entre todas as culturas, a axipcia; desde cando escribe, cantos libros ten xa coa súa sinatura, se coñece os lugares que describe, quen tivo a idea do despregable que recubre o libro, por que non desenrolou máis o personaxe da primeira muller “faraón”, que lle levou a elexir eses e no outros exipcios famosos… Pero a pregunta do millón, para a que todos os nosos lectores querían resposta, era , por que o mundo desaparece no último capítulo e non se sabe que pasará con Víctor. Núria entón aclarou que nos dous libros seguintes que completan a triloxía, sobre as culturas vikinga e maya, resólvese o enigma.
Ó remate houbo un tempo para que Núria asinara os libros.
O comportamento, en xeral, de todo o alumnado foi moi bo, cousa que a titora de 1º D comunicou por escrito ós pais, felicitándoos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)