26.10.07

CLUB DE LECTURA

Xa está aquí o noso club. Para este trimestre os nosos socios e socias propoñen a lectura de "El nombre de la rosa" de Umberto Eco. Só tendes que ir lendo o libro e enviándonos as vosas impresións ou comentarios para crear debate.

Calquera pode participar enviando os seus comentarios nesta entrada do blog. Vai ata o final da entrada e pincha en "COMENTARIOS"

http://www.bibliopolis.org/resenas/rese0277.htm

15.10.07

LIBRO DO MES DE OUTUBRO

Xa está aquí o primeiro libro do concurso deste ano.

OLLOS DE AUGA, de Domingo Villar.

Este curso poden participar lectores/as de 1º, 2º e 3º de ESO. Para os demáis reservámos un espazo no noso club de lectura. Unicamente hai que ler o libro e presentarse ós dez minutos de concurso que haberá no próximo mes. Acumulade puntos grazas ás vosas lecturas. Aqui vai o cartel da convocatoria. Non vos esquezades de deixarnos os vosos comentarios.

18.6.07

Recomendación para o verán: Días de Reyes Magos

Dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura fannos a seguinte recomendación de lectura:

Desde el seminario de Lengua Castellana y Literatura os recomendamos la lectura del libro: “Días de Reyes Magos” de Emilio Pascual, Editorial Anaya. Creemos que es una obra extraordinaria tanto para los alumnos como para los profesores, como dice Toñi Vicente en el Prólogo “Tienes en las manos, amigo lector, una obra literariamente impecable que va a gustarte tengas la edad que tengas” (P.12)
Con su lectura nos divertimos y a la vez aprendemos, recordamos, ampliamos vocabulario ya que hace referencias al léxico, aclarándolo y a otras obras literarias desde la mitología clásica hasta la literatura más actual.

Avalan su categoría los siguientes premios que recibió:
Premio Lazarillo 1998
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2000
Pasareis un buen rato con una lectura que es muy ágil que os apetecerá releerla más tarde.

11.6.07

Gañadores da I Olimpiada do Saber

Despois de catro semanas de dura competición, investigando cada día, buscando pola exposición de novela policial, buscando en internet, removendo ceo e terra, un equipo de investigadores acadou a victoria. Contestaron 20 preguntas (unha por día), dous preguntóns, resolveron dous xogos "pista a pista" e puxeron os seus puntos en risco con dúas apostas semanais. Desde Sherlock ata Wallander, de Kojack a Colombo, ninguén se pode equiparar co equipo SINICHI KUDO, que acadaron 38 puntos sobre 46. Os fabulosos investigadores SINICHI KUDO son: Rubén Pérez, Damián Caballero e Yago Lozano, de 2º ESO A.


6.6.07

Guías e recomendacións de lectura

Mostramos aquí as obras de literatura xuvenil máis solicitadas da biblioteca. Fai click sobre a imaxe para vela en grande.