Onte, 7 de maio, visitou a nosa biblioteca o escritor de novela policial galega Miguel Anxo Fernández, creador do detective Frank Soutelo, para comentar co noso alumnado de 4º a súa última novela Luar no inferno. A charla resultou moi amena e interesante, posto que os alumnos leran previamente a obra, chegando a haber un pequeno debate acerca dos aspectos máis morbosos da vida do famoso detective. O autor, ademais, falou sobre a súa maneira de traballar as novelas, animando non só á lectura, senón tamén á escritura. Ó final asinou bastantes exemplares do seu libro. Ah! e adiantounos que axiña verá a luz unha nova aventura do detective.
8.5.07
Visita de Miguel Anxo Fernández
Etiquetas:
Encontros con autores
I Olimpiada do Saber
Con motivo da exposición de novela negra, puxemos en marcha a nosa I Olimpiada do Saber. O alumnado da ESO participará durante catro semanas en diversas probas relacionadas coa exposición: preguntas diarias, apostas semanais, pista a pista e preguntón quincenal. Toda unha aventura de investigación detectivesca na que están a participar 17 equipos.
7.5.07
Exposición Novela Negra.
Sherlock con despacho na nosa biblio
Grazas á idea, esforzo e xenerosidade das compañeiras da biblioteca do IES Rodeira de Cangas, que compartiron con nós os arquivos sobre a novela negra e algúns dos materiais necesarios para o despacho de Sherlock, hoxe temos montada polo centro esta exposición sobre a novela negra. Ademais está en marcha a Olimpiada do saber, coa exposición como pretexto, cunha participación de 19 equipos da ESO.
ALGUNHAS FOTOS DA NOSA EXPO
Etiquetas:
Exposicións
Lectura en inglés
Continuamos coa novela negra. Para os readers máis atrevidos outras historias de Arthur Conan Doyle: The speckled band and other stories. Aínda podes ser lector/a deste trimestre.
Etiquetas:
Lectura en inglés
Libro do mes: O can dos Baskerville
Para este último mes de concurso, decidimos que o libro do mes sexa o mesmo que o libro do trimestre que se oferta para o club de lectura. O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle é o noso libro de referencia neste tramo do curso, aproveitando que temos o mes de Maio adicado á novela negra.
Participade no club de lectura deixando os vosos comentarios no blog
Etiquetas:
CLUB DE LECTURA,
LIBRO DO MES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

