Ao longo da Semana das Letras o Departamento de galego, o EDLG e a
Biblioteca organizaron varios encontros con escritores/as galegos/as.
Despois de María Reimóndez, o xoves 21 de maio, visitounos An Alfaya, para realizar a sesión do Club de Lectura. An Alfaya falounos da súa pequena peza teatral escrita como homenaxe a Begoña Caamaño, escritora á quen se lle dedican as Letras 2026.
Nesta pequena peza teatral, titulada Uuu-uuu...Begoña!, a autora introduce como personaxe a mesmísima Begoña Caamaño, quen comparte escenario con Circe, Morgana, Merín, Uxía...
Despois desta sesión, An Alfaya achegouse á radio do centro, O Son da Noca, para ser entrevistada por Dafne e Sofía, alumnas de 2º ESO e integrantes do Club de lectura. Durante a entrevista, non só falou da súa obra, senón tamén da súa amiga Begoña Caamaño, e de máis cousas.




.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario