O 14 de febreiro tamén é o Día da amizade, e no noso instituto quixemos celebralo dunha maneira moi especial: escribindo cartas!
A Biblioteca, o departamento de galego e o EDLG animaron o alumnado a escribir cartas en galego,
cun ton optimista e educado. Os destinatarios foron principalmente os
amigos e amigas, aínda que houbo cartas para algún profesor ou profesora
e mesmo para o persoal non docente. O profesorado da materia de lingua
galega recolleu a meirande parte das cartas, pero tamén algunhas foron
depositadas na caixa do correo que estivo na biblioteca.
O reparto das máis de cincocentas cartas fíxose entre os días 19 e 20 de febreiro e encargouse o alumnado voluntario de 1º da ESO (e outro alumnado e profesorado colaborador).
Agradecer a enorme participación e tamén aos encargados de que as cartas chegasen aos destinatarios/as.



Ningún comentario:
Publicar un comentario