DÍA
EUROPEO DAS LINGUAS
No noso centro ensínanse e
aprendemos dúas linguas estranxeiras (inglés e francés) dúas
linguas clásicas (grego e latín) e tamén, evidentemente, o
castelán e o galego, o que permite que os nosos alumnos adquiran
destrezas en diversas linguas e desfruten da diversidade cultural
e lingüística europea.
Para iso nos sumamos á
celebración do Día Europeo das Linguas, que por iniciativa do
Consello de Europa de Estrasburgo vense celebrando dende
2001 o 26 de setembro de cada ano. Se queredes saber máis sobre o
Día Europeo das Linguas visitade a páxina web do Consello de
Europa. Atoparedes información, xogos, quiz de linguas etc...
Os profesores de lingua coa
colaboración do Equipo de Normalización Lingüística traballamos
con este motivo diferentes aspectos da diversidade lingüística e cultural como por exemplo como a lingua cambia a nosa
visión do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario