8 DE MARZO
Para celebrar o 8
de marzo no centro, o grupo de 4ºESO B fixo un traballo de
investigación que está a ser exposto na entrada do insti acompañado
de un conxunto de libros do anaquel de IGUALDADE que temos na
biblioteca.
O traballo de
investigación centrouse en tres temas: A revolta das Pedradas
de 1908, unha protesta na comarca de Ferrol pola carestía da vida,
que celebra este ano o centenario e que foi protagonizada polas
mulleres. Esta revolta se saldou con mortos e feridos e constitúe un
episodio máis da loita das mulleres por mellorar os dereitos da
cidadanía.
A asociación feminista do barrio de Coia DORNA, este grupo de
mulleres que naceron como asociación nos anos 70, cando se
desenvolve o polígono de vivendas de Coia, viñeron a charlar co
alumnado de 4º ESO para contarlles o porqué da necesidade da súa
asociación e porqué apoian a folga feminista do 8 de marzo.
Folga das
traballadoras de Bershka de Pontevedra. Alumnas de 4ºESO B
entrevistaron na sede sindical a un grupo de traballadoras que
protagonizaron esta folga que pretendía mellorar as súas condicións
de traballo que permitiran a conciliación familiar e laboral e
igualara soldos. Esta entrevista a podedes ver neste link.
Todos estes
traballos e materiais están expostos na entrada do insti xunto con
libros da biblioteca que podedes levar en préstamo. A información
sobre a folga feminista do 8 de marzo, actos en Vigo e no centro foi
elaborada polo Comando de igualdade.
O día 7, no
segundo recreo e na pista cuberta do patio, o Comando invitou a todas
as rapazas do centro a un acto reivindicativo para visibilizar a
folga estudiantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario