XORNADAS LECTURAS COMPARTIDAS
A semana do 6 o 10
de novembro as profesoras Marisol Mariño e Ana López asistiron ás
xornadas “Lecturas compartidas ” en Pontevedra. As sesións
foron moi interesantes, xa que aínda que moitas das experiencias
eran similares ás nosas, en todas aprendimos algo novo ou tiramos
ideas para os nosos clubs.
Nas primeiras
sesións nos achegaron moitas lecturas para traballar sobre os
dereitos humanos e a igualdade,.
Na seguinte o
poñente regalounos o seu arquivo de lecturas vital compartíndoo
connosco e, de unha forma realista explicando que ás veces aínda
que nós , os profesores que conducimos as sesións poñamos moita
ilusión e teima hai lecturas que non enganchan aos lectores xuvenís,
mais sempre coa esperanza de que ao longo da súa vida teñan
interese en lelas. Tamén coñecemos outras formas de dinamizar os
clubs de lectura; vimos un contrato para os membros dos clubs ,
plataformas europeas de docentes para saber que fan outros centros
fóra de España. E finalmente as lecturas como forma de acoller
aquela rapazada que se sente excluída por determinadas razóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario