Se sempre ler un libro supón viaxar sen moverse do sofá, esta vez a viaxe en si mesmo era o fío conductor da historia. Montamos no tren con Aroa, Xacobe , Nico, Beatriz, Óscar Piero e Mía e realizamos o noso particular interrail. Comenzamos descubrindo os lugares que eles visitaron axudados por unha presentación de imaxes, todos preciosos. E igual que fixeron eles, os nosos lectores e lectoras decidiron marchar xuntos de interrail ao remate do bacharelato.
Pero máis alá deste periplo, está a viaxe interior de cada un dos adolescentes e a influencia que exerceu a morte "misteriosa" dun dos amigos. Comentamos a coincidencia da postal, como un feito trivial -descubrir ese bico retratado casualmente- saca a luz os segredos da alma, as relacións escondidas e como o pasado condiciona o presente.
Pareceunos que a estructura de contrapunto fora un acerto para manter a atención e a intriga. Gustounos que intercalara o momento presente co pasado e que xogara con narradores diferentes. Analizamos a postura de cada adolescente, non compartimos moito a actitude de Aroa ou a postura de Xacobe con ela, pareceunos encantador Piero...
Foi un remate fantástico, o libro encantounos e os doces cos que acompañamos a nosa charla, tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario