A nosa storyteller de cabeceira, Charo Pita, visitounos de novo para deleitarnos coas súas historias e o seu canto. O seu compañeiro de tantos anos, Tim Bowley, decidiu que era tempo de adicarse a un público diferente, os seus netos, así que este ano, iníciase un novo tandem que se estrenou no noso centro. Sophie Heydel é unha narradora británica afincada en España que leva traballando con nenos e adolescentes moitos anos. Sophie aportou novos contos recollidos da tradición oral por todo o mundo, aínda que tamén poidemos escoitar algúns dos vellos favoritos.
Unha vez máis, o alumnado de 1º de bacharelato disfrutou
dos contos, algúns deles con participación do público. Agradecemos a
colaboración da Editorial Santillana/Richmond que fai posible co seu patrocinio
que unha tradición tan apegada á nosa cultura se renove cada curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario