A nosa storyteller
de cabeceira, Charo Pita, visitounos de novo para deleitarnos coas súas
historias e o seu canto. O seu compañeiro de tantos anos, Tim Bowley, decidiu
que era tempo de adicarse a un público diferente, os seus netos, así que este
ano, iníciase un novo tandem que se estrenou no noso centro. Sophie Heydel é
unha narradora británica afincada en España que leva traballando con nenos e
adolescentes moitos anos. Sophie aportou novos contos recollidos da tradición
oral por todo o mundo, aínda que tamén
poidemos escoitar algúns dos vellos favoritos.
Unha vez máis, o alumnado de 1º de bacharelato disfrutou
dos contos, algúns deles con participación do público. Agradecemos a
colaboración da Editorial Santillana/Richmond que fai posible co seu patrocinio
que unha tradición tan apegada á nosa cultura se renove cada curso.