20.2.11

Carlos Negro co club de lectura

O venres visitounos Carlos Negro. Foi unha sesión co club de lectura e co grupo 3ºA que prepararan o libro Makinaria nas clases de galego. Con Carlos soubemos do valor da palabra escrita, pero sobre todo do valor da palabra pronunciada. Emocionounos, fíxonos partícipes dos seus versos, regalounos un conto e uns versos para cada un, que nos fixo ler en público. De momento, á espera da crónica que esta facendo Yago para o blog do club de lectura e que terá lista para a próxima semana, deixamos aquí as fotos dunha sesión que tardaremos tempo en esquecer. Agradecémoslle a Carlos a visita e o bo facer e complicidade que tivo co noso alumnado. Unha sesión recomendable para todo o mundo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Eu xa expresei a miña opinión no acto, pero sigo dicindo: xenial.
Makinaria non foi Makinaria ata que escoitei os poemas da voz do seu autor. Un encontro interesante, ameno e orixinal cun escritor que soupo guiarnos na nosa viaxe polos fuxitivos mundos das carreiras ideais.
Inés