22.5.10

As Letras Galegas na biblioteca

Cunha semana de retraso colgamos as fotos da actividade desenvolvida na biblioteca o día 14 de maio. Estamos á espera de ter confeccionado o vídeo da actuación musical, que colgaremos noutra ocasión.

Para celebrar o Día das letra Galegas, fixemos na biblioteca dúas horas de lecturas continuadas e voluntarias. Profesores e alumnado de distintos cursos foron pasando pola biblioteca a ler os textos que tiñan seleccionados, maioritariamente de Uxío Novoneyra, pero tamén de Rosalía, Celso Emilio, Suso de Toro e outros autores. Tamén houbo quen leu textos de creación propia.
Intercalados coas lecturas proxectáronse vídeos con textos de Novoneyra, Airas Nunez, Bernal de Bonaval, Rosalía e Bernardino Graña, interpretados por Emilio Cao, Miro Casabella, Amancio Prada e Suso Vaamonde.
Tamén tivemos expostos libros de Uxío Novoneyra, incluíndo primeiras edicións de Os eidos, os poemas caligráficos e Elegías del Caurel y otros poemas.
Rematamos a festa, como tódolos anos, cunha actuacuión musical de alumnas e alumnos do instituto, que nos deleitaron con música galega, canto, pandeiretas e baile. Grazas, mozos e mozas, polo voso compromiso e participación a prol da lingua e cultura galegas. Xa podedes ver as fotos e o vídeo, non vos perdades ás cantaruxas.
E o Luns 24 iremos co club de lectura ao Courel, nunha ruta lieraria da que daremos conta.


3 comentarios:

Ronsel dixo...

Como adoita suceder, un día para que os demais admiremos.

Mar dixo...

Bravo! ole esas pandereteiras! Xenial cando marchastes tocando polos pasillos. Foi a alegría!

Anónimo dixo...

"If Music be the food of love, play on", dixo Shakespeare, ou sexa, "Se a música é o alimento do amor, segue tocando"
(O meu é un caso grave de deformación profesional...)