O pasado luns 26de febreiro tivemos a nosa segunda reunión do Club de Lectura de 1º de ESO. A obra que comentamos foi Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Unha obra que, como sempre, encantounos a todos. Comentamos como debe de ser a vida nun campo de refuxiados saharauis, onde vive o protagonista, e vimos un pequeno vídeo sobre a situación do Sahara Occidental, para comprender mellor a historia que nos conta o autor deste precioso relato.. Aos lectores e lectoras gustáronlles moito tamén os poemas que o protagonista compón inspirado polo seu amigo, o pequeno camelo. Tamén falamos sobre como unha persoa como Kori, un neno xordomudo e sen case recursos é quen de aprender a escribir e comunicarse a través da poesía e da linguaxe, gracias á axuda da súa profesora e á súa necesidade de comunicar o que sinte.
14.6.18
CLUBE DE LECTURA Palabras de Caramelo

13.6.18
XORNADAS PORTAS ABERTAS
Neste mes de xuño recibimos aos alumnos de sexto de primaria dos colexios adscritos ao noso instituto: o CEIP Balaídos , o CEIP Illas Cies, o CEIP Seis do Nadal e o CEIP Virxe do Rocío.
Os nenos e nenas, acompañados dos seus mestres foron recibidos no salón de actos e logo puideron visitar as instalacións: as aulas de música, de plástica, os laboratorios, o ximnasio etc....e como non a nosa biblioteca!!

O BESBELLO SALTÓN . A REVISTA DO IES ALEXANDRE BÓVEDA
Após dous anos á espreita, o noso Besbello volta saltar!
Este novo Besbello aparece con moitos folgos, pois son case 70 páxinas de debate, creación literaria,
receitas, entrevista...
Atrapa o Besbello neste enlace:
O BESBELLO SALTÓN 2018

6.6.18
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado luns 21
de maio celebramos o día das Letras Galegas. O Departamento de
Lingua Galega e Literatura, con colaboración da Biblioteca do
centro, convocara dous certames de creación literaria no mes de
febreiro: un de relatos curtos co nome de Toloscontoscurtos e
outro de poesía titulado Saboroso son dos versos salgados.
Os relatos e poemas foron publicados nun volume conxunto. O
alumnado do club de lectura pasou por todos os cursos na Hora de Ler
e, en parellas, leu un relato e un poema premiado no concurso e
falou sobre a vida e obra de Mª. Victoria Moreno, escritora
homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Nos corredoiros do noso instituto tamén están expostos os carteis da exposición oficial da Xunta sobre a vida e obra de María Victoria Moreno .Elaborouse tamén un cuestionario para entender mellor a traxectoria da autora.
ENTREGA DE PREMIOS TOLOSCONTOSCURTOS E SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS
O pasado 9 de maio tivo lugar no salón de actos do noso centro a entrega de premios do concurso organizado polo departamento de lingua Galega e Literatura en colaboración coa biblioteca.
Os premiadas na categoría de relato foron:
Salma Freire Sousa de 2ºBac D
María González Martínez de 4ºEso D
Carla Freiría Lorenzo de 2ºEso B
Os premiados na categoría de poesía foron:
Aitana Veloso Quiñoy e Sara Faro Lubiáns de 1ºBac E
Iago Comesaña Soliño de 4ºEso A
Marcos Fragueiro Rodríguez de 2ºEso C
Os relatos e poemas premiados, e outros, foron publicados nun volume conxunto.

REVISTA TEIMA
Este mes de maio no instituto pódese ver a exposición da revista Teima, a primeira revista en galego da democracia. Trátase dunha revista con frecuencia semanal de 36 números publicados entre novembro de 1976 e agosto de 1977.
Podemos comprobar como moitos problemas e temas tratados neses anos seguen de actualidade.

BIBLIOTECAS VIVENTES no MAR DE VIGO
O pasado 11 de abril os alumnos de 4º de ESO do instituto desprazáronse ao Mar de Vigo para a actividade "Bibliotecas Viventes"
Varios persoeiros especialistas de diferentes materias falaron da súa experiencia profesional dende a perspectiva galega comprometida da súa actividade. Puideron escoitar entre outros a Xurxo Souto, a unha científica do oceanográfico , unha enfermeira do Barbanza ou un chef de cociña,.

CLUBE DE LECTURA 14 MAIO 2018
O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.
Todos os alumnos consideraron que é unha lectura difícil , pola súa abstracción. Segundo eles é como ler os pensamentos de alguén que choca ca forma de ser do lector.
A experiencia foi positiva e chocante á vez Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
Os alumnos non entenderon ben o libro, estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.
O libro elixido nesta ocasión foi O gardían entre o centeo do escritor norteamericano Jerome David Salinger. Os alumnos que participaron cursan segundo ,terceiro e cuarto de ESO e tamén primeiro de bacharelato.
Expuxéronse varios puntos de vista sobre o personaxe principal: un quinceañeiro chamado Holden Caufield.Os alumnos consideraron que era demasiado infantil e non acababan de entender a súa forma de actuar ou pensar ante situacións que lle ían acontecendo.
Ademáis tamén lles costou entender o desenvolvemento da historia xa que consideraban que non tiña nin principio nin fin, é dicir que era simplemente a historia de alguén durante uns días sen ningún obxectivo final.
A experiencia foi positiva e chocante á vez Positiva por ver a forma moi correcta ca que se expresan e por ver como sacaban as súas propias conclusións sobre a forma de pensar de Holden Caufield. Débese dicir que nalgúns casos as conclusións con respecto ao personaxe eran moi críticas.
Os alumnos non entenderon ben o libro, estes adolescentes non entenderon a forma de actuar da personaxe sendo da mesma idade. En definitiva non se vían reflectidos nel. Parece que o libro non é moi acaído para estas idades e que as peripecias de Holden Caufield lles quedan moi lonxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)