25.10.23

 



samaín na biblioteca        



 

 ACHégate á biblioteca e deixate horrorizar coa nosa selección de libros de medo e de terror!!!   👻👻👻








17.10.23

 


                                        15 DE NOVEMBRO 

           DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS


Para celebrar este día recibimos na biblioteca duás escritoras: Nones Araujo e Raquel Castro


Este día celébrase para facer visible a aportación das mulleres na literatura, e reivindicar o seu papel fronte á falta de recoñecemento que as escritoras sufriron ao longo da historia.


 

PRESENTACIÓN DAS ESCRITORAS:

NONES ARAÚJO.

O noso instituto tivo a sorte de que fose profesora de Lingua no Alexandre Bóveda. Cando se xubilou comezou a escribir, obtendo numerosos premios polos seus relatos, como o

  • Anxel Fole de Lugo por Imaxes roubadas, no 2021,

  • ou o “Alén” de Novela curta do Concello de Ares no 2022 pola súa última novela A Madriña, publicada en Hércules, ademáis doutros moitos recoñecemento e premios., c

  • En canto as súas novelas:

    • Imaxes roubadas, publicada en Xerais no 2022, e que Nones veu presentar tamén ese ano ao noso instituto,xa que a leramos no noso club de lectura. Son vinte e nove relatos inspirados en obras de arte. Impresións sobre as mesmas que suscitan historias moi suxerentes e que nos convidan a disfrutar da arte, da imaxinación e da lectura, nun percorrido artístico e literario que nos ensina a ver a arte dun xeito diferente, cheo de sensibilidade e imaxinación.



    • A madriña , publicada este ano e recén adquirida pola nosa biblioteca. Ambiéntase no ano 57 do século pasado e fala dunha nena, filla de país emigrados, que queda a cargo da súa madriña . Unha historia ambientada nunha época non tan lonxana no tempo e que promete ser moi interesante.

    RAQUEL CASTRO.

    Profesora tamén de Lingua galega, fundou en 1999 a Asociación Teatral de Alxén, da que é presidenta, e comezou a dirixir o grupo de teatro “Ata Sempre” . Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. No IES Ribeira do Louro, onde traballa, dirixe un grupo teatral de alumnos e alumnas da ESO e coordina tamén o” Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro”,  que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño.

    Ten publicados varios títulos polos que obtivo numerosos premios e recoñecementos como, dentro da narrativa,

    Bestiario doméstico ou Número atómico 74, no 2017.

    O último, publicado este ano 2023, Sobremesas sobre versos, premiado co Premio Simbad de Literatura infantil para o Recordo e o Alzheimer, na que unha rapaza e a súa avoa elaboran sobremesas mentres lembran a mocidade e infancia no Courel dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. Mistúrase así nesta obra a poesía e a narrativa coas receitas das sobremesas.

    Tamén publicou numerosas obras de teatro infantil e xuvenil, entre as que cito algunhas que lemos no instituto, como

    As terapias da doutora Ledicia, que obtivo unha Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014), que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, e foi finalista na Gala do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro ;

    A formiga fora do carreiro,  co 2º premio ao Mellor libro de teatro en galego, en Fervenzas Literarias no 2018 e finalista na Gala do libro galego 2019 na categoría de Teatro, ademáis de estar incluida na lista lista OEPLI , que selecciona as mellores obras de autores españois en literatura infantil e xuvenil, no ano 2019;

    Dormente, unha versión moi especial do conto tradicional da Bela dormente ( incluiuda na lista OEPLI 2021), ou

    Planeta Bugallo, sobre extraterrestres galegofalantes na busca de galegofalantes en Galicia, cousa que lles custa (lista OEPLI 2022).

     Tivo lugar un debate con elas  e dous gupos de 1 de bacharelato, onde falaron directamente sobre o que significa para elas ser escritora, o que as levou a escribir. Contaron a súa experiencia sobre se se pode vivir da escritura en Galiza, comentaron temas como se se pode falar dunha literatura xenuinamente femenina, deron consellos para a rapazada que está empezando a escribir ou que se quere adicar a escritura. Opinaron tamén sobre os premios Nobel. Foi unha charla amena e moi interesante. 

    Raquel Castro e Nones Araújo (de esquerda á dereita)
    Raquel Castro e Nones Araújo (de esquerda á dereita)







    • Nós, este curso, temos no corredoiro, en fronte da biblioteca, unha exposición de mulleres que levaron o Nobel de literatura, e poderedes ver que hai bastantes escritoras recoñecidas, pero tamén que seguramente son moitas menos das que o merecerían.










13.10.23

 


 FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA


 Esta segunda semana do mes de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca as sesións de formación de     usuarios para o alumnado novo do noso instituto: o de 1ºESO.

 As profesoras  encargadas da biblioteca explicamos o funcionamento da mesma.

Animámolos tamén a formar parte dos diferentes clubs: de lectura, de manga, de xogos de mesa. de cambio clímático e do Comando Igualdade. 

E sobre todo animámolos a visitar a nosa biblioteca e o apaixonante mundo dos libros !!



     Alumnado de 1º ESO D

   

 


BIBLIOTECA I.E.S ALEXANDRE BÓVEDA 


CURSO 2023-2024




Por fin abre a nosa biblioteca!

Ánimadevos a visitarnos!