DECEMBRO
DAS SUPERHEROÍNAS E DOS SUPERHEROIS
NA BIBLIOTECA.
Animádevos a pasar pola biblioteca e a soñar!!
FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA
Esta primeira semana do mes de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca as sesións de formación de usuarios para o alumnado novo do noso instituto.
As profesoras encargadas da biblioteca explicamos o funcionamento da mesma e entregamos ao alumnado o seu carnet co seu número de lector.
Animámolos tamén a formar parte dos diferentes clubs: de lectura, de manga, de xogos de mesa e do Comando Igualdade.
E sobre todo animámolos a visitar a nosa biblioteca e o apaixonante mundo dos libros !!
Esta semana o alumnado de Sexto de Primaria dos colexios adscritos: CEIP Illas Cies, CEIP Virxe do Rocío, Ceip Seis do Nadal e CEIP Balaídos visitaron o instituto que será tamén o seu o vindeiro curso.
Foron recibidos polo departamento de Orientación e a Dirección. Percorreron o instituto, foron acollidos polo profesorado en distintos talleres e tamén pasaron pola biblioteca ,onde as profesoras encargadas lles informaron brevemente do seu funcionamento.
CERTAME LITERARIO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
TOLOSCONTOSCURTOS (prosa)
SABOROSO SON DOS VERSOS SALGADOS (poesía)
Convocamos un ano máis o certame literario do departamento de Lingua Galega e Literatura para celebrarmos o Día das Letras Galegas. Despois de tantos meses teimando para que o noso alumnado utilizase o galego de xeito natural entre a comunidade educativa, propuxemos que deixasen voar a súa imaxinación e lle desen forma de relato ou poema.
A entrega de premios tivo lugar na biblioteca. Parabéns a todos os participantes !
Est@s son @s alumn@s premiad@s:
María Mínguez Fernández de 1ºESO D por O pintor do mundo ao revés (poesía) e Un libro embruxado (Prosa)
Guillermo Barreira Heras de 1ºESO E por Iguais pero distintos (Poesía)
Alexia Multa Araújo de 3º ESO B por Ollos de Lúa (prosa)
Elena Vila Riveiro de 2ºBACH a por A historia do noso primeiro bico (prosa)
Este mes de maio tivo lugar a presentación para os alumnos de 1º de Bacharelato do libro IMAXES ROUBADAS, pola súa autora Nones Araújo, ex profesora de lingua española do noso centro.
Os relatos de IMAXES ROUBADAS están inspirados por obras de arte imprescindibles.
A autora foi combinando a proxección de imaxes das obras cos fragmentos dos relatos relacionados.
Dende a biblioteca do instituto e para celebrar o día do libro, organizouse un concurso de relato curto baseado en íncipits de libros.
Participaron os departamentos de lingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa e o alumnado de diferentes cursos.
Fíxose unha exposición dos relatos
P(r)O(br)EMAS DE LA VIDA Ingrid Caamaño Tubío
PARABÉNS INGRID E MOITA SORTE NESTA ANDAINA!