A maioría coincidimos en que nos gustou, e todo isto
despois dun merecido xantar (con sobremesa incluída) logo dunha dura mañá de
clases.
16.2.17
Los infortunios de Sbovoda
15.2.17
Visita de Anxo Fariña
O día 13 de febreiro compartimos inquedanzas literarias con Anxo Fariña
(Vigo, 1977). O alumnado de 1º ESO puido conversar co autor de Os Megatoxos ou A chave da Atlántida e coñecer
como, cando e onde xurdiron as ideas para a creación destas e outras obras que
xa o converteron nun referente no ámbito da ilustración e da literatura
infantil e xuvenil galega. Acompañou a súa conversa das ilustracións que
durante a mesma realizou de xeito que un dos alumnos foi por el retratado e
convertido case nun personaxe que podería ser un próximo protagonista das súas
obras. Unha rolda de preguntas do alumnado e a sinatura das súas obras puxo fin
a un gratificante encontro que nos deixou con ganas de seguir lendo durante mil
primaveras máis. 14.2.17
Mío, mi pequeño Mío
O último luns, 13 de febreiro, reunímonos de novo os lectores e lectoras do club de lectura de 1º de ESO para comentar a novela Mío, mi pequeño mío, da famosa escritora sueca Astrid Lindgren, autora da coñecida Pippi Calzas Largas. Esta novela encantounos a todos pois, aínda que comeza cunha historia bastante triste dun neno, Bosse, non querido polos tíos que o coidan , enseguida entrará en contacto, a través dun xenio atopado nunha vella botella, cun mundo marabilloso onde terá todo aquilo que desexa: un pai que o agardaba e que o quere, que ademáis será o rei dun mundo case perfecto a non ser polo sinistro Kato, que fai desaparecer a moitos dos que viven no reino. O protagonista terá que enfrontarse con Kato e vencelo, para o cal contará coa axuda do seu bo amigo Yum e de moitos obxectos máxicos que lle irán regalando distintos personaxes. Ao final, cómo non, o ben triunfará sobre o mal, e o protagonista, que agora se chama Mío, sairá vencedor.
Á historia non lle falta ningún dos ingredientes dunha boa novela fantástica: un cabalo volador, unha capa que fai invisible a quen a leva, unha mazá de ouro, un pozo que conta historias secretas á tardiña, unha espada invencible … Moitos destes obxectos máxicos recoñecéronos as lectoras e lectores noutras historias que leran ou viran no cine, como as de Tolkien, ou as da serie de Harry Potter de J.K. Rowling.
Ao acabar a novela, non sabemos se toda a aventura que vive o protagonista non é máis que un soño do que espertará para volver ao seu mundo “real” ou se quedará a vivir para sempre no País da Lonxanía , pois non queda claro de todo. Aínda que houbo distintas opinións ao respecto, o mellor é pensar que seguirá vivindo nese reino onde será Mío, o fillo do rei, e vencedor de Kato.
Ao longo da reunión, como sempre, disfrutamos non só da conversa sobre a lectura senon tamén dalgúns doces cos que a amenizamos.
1.2.17
Día Escolar pola Paz
Simulamos unha viaxe de noite, nun dingui, amoreados, para rematar cun pequeno vídeo de presentación do documental ASTRAL, emitido no programa “Salvados”. Finalmente pedimos a cada un dos rapaces que escribisen as súas impresións que posteriormente expuxemos na corcheira da entrada do centro.
Día da Paz by Slidely Slideshow
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)