Para conmemorar o Día Mundial da Poesía na bibioteca expuxemos as ODAS A UNHA COUSA elaboradas polo noso alumnado. Porque toda realidade pode servir de tema poético.
Deixamos unha mostra das odas compostas en clase de ingés.

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller a biblioteca quixo facer unha pequena homenaxe ás mulleres esquecidas do Grupo do 27: pintoras, poetas, novelistas, ilustradoras, escultoras e pensadoras, de inmenso talento que non só gozaron no seu tempo de éxito nacional e internacional, senón que a través da súa arte e activismo desafiaron e cambiaron as normas sociais e culturais da España dos anos 20 e 30.