No día do libro, e nas vindeiras semanas, teremos no instituto a exposición "Un paseo pola literatura". O equipo da biblioteca seleccionamos 40 autores e un fragamento dunha obra representativa de cada un. Con eses textos e unha caricatura de cada autor (cuxa autoría recollemos nunha páxina de webgrafía) fixemos vinte paneis que temos expostos no vestíbulo. Ao mesmo tempo, elaboramos un plan de traballo para aqueles profesores que visitan a expo co alumnado. Tratase de dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles pero que xeralmente non len alumnos de instituto, unha especie de guía vital na que non están todos os que son... pero que se ampliará no futuro. Expoñemos tamén as obras na biblioteca.
23.4.13
20.4.13
Encontro con yashmina shawki. Por unhas olivas.
O pasado 12 de abril, visitou a nosa biblioteca a polifacética historiadora galega de orixe kurda, Yashmina Shawki. A charla estivo dirixida fundamentalmente ao alumnado de antropoloxía e ética e historia. Parte do alumnado tivera ocasión de coñecer o seu libro "Fundación Libélula".
Ofreceunos unha visión histórica dun tema traballado previamente nas clases, o conflito entre Israel e Palestina, de aí o título da conferencia, "Por unas aceitunas". Pero mellor, para saber como transcorreu a xornada, podedes ler esta ampla recensión que nos fixo Carmen Pérez Varcárcel, alumna de 2º bach.
13.4.13
Campións do rally matemático
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO Susana Castiñeira Lampón, Iria Feijoo
Rey, Lucas Lestón Benavides, Adrián López Fernández, Lydia Lorenzo Cisneros, Antón Sánchez Landesa, Alba Estévez Vázquez, e Martín Lomba Rodríguez, foron os gañadores absolutos do 1º rally matemático galego para 1º de ESO. O xoves 11 de abril competiron na gran final en Santiago e acadaron a victoria. Moitas felicidades. Agora a pola superfinal do rally en Toulouse. Aquí podemos velos coa súa profe Paloma. Parabéns para estes futuros científicos...
Conferencia Matemática: curso de cociña estatística
Cunha presentación moi amena a profesora amosou a estatística como unha ferramenta (ingredientes) para a investigación científica (menús). Cunha información sinxela e clara, introduciunos no mundo da estatística descritiva e o da estatística inferencial, amosándonos distintos exemplos de campos de traballo e investigacións que teñen a estatística como ferramenta clave.
A conferenciante (esquerda) cos profes de matemáticas |
Esta charla, organizada polo departamento de matemáticas dentro do seu plan lector, é a actividade que pon punto e final ao IV concurso de problemas de matemáticas e III concurso de relatos matemáticos. Previo á charla entregáronse os premios de estes dous concursos, que tiveron por gañadores a:
1º Premio do IV concurso de problemas matemáticos para 1º e 2º de ESO: David Estévez Prieto (2ºF)
Accesits: Patricia González Cabaleiro, Silvia Mosquera Lago
1º Premio do IV concurso de problemas matemáticos para 3º e 4º de ESO: Paula Piñeiro Varela (4ºA)
Accesits: José Luís González Cabaleiro, Pedro Mirón Domínguez
1º Premio do III concurso de relatos matemáticos para 1º e 2º de ESO: Antía Álvarez Pazó (1º ESO B)
3.4.13
Con Alfredo Gómez Cerdá


Curiosidades a parte, foi, coma sempre, una interesante experiencia para todos o feito de poder escoitar e charlar en directo co autor dunha obra traballada previamente na aula.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)