9.2.25

     

             30 DE XANEIRO   

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA

                        E DA PAZ


Co gallo do Día da Paz, os alumnos de 3 eso, axudados da súa profesora de Lingua Castelá,Marisol Mariño,  traballaron  sobre personaxes relevantes en pro dos dereitos humanos e da paz. 

Aquí vai unha mostra




















Na biblioteca tamén podemos ver esta exposición sobre o tema.







23.11.24

 

CIRCUNLOQUIO DE LECTURA


O pasado xoves 21 de novembro tivo lugar unha nova sesión do Circunloquio de lectura. Como nas anteriores edicións, reunímonos algúns profesor@s do instituto para compartir lecturas arredor duns petiscos.













Estas son as recomendacións


















17.11.24

 


A BIBLIOTECA VÍSTESE DE SAMAÍN


Deste xeito engalanouse a biblioteca para celebrar o Samaín.





Tamén contamos cunha exposición de libros de medo e terror.












20.10.24

 

15 DE OUTUBRO

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS




Este día celébrase para facer visible a aportación das mulleres na literatura, e reivindicar o seu papel fronte á falta de recoñecemento que as escritoras sufriron ao longo da historia.

Este ano, dende a biblioteca, organizamos unha exposición de mulleres escritoras. 

O alumnado de E.S.O coa axuda d@s  titor@s levou a cabo este traballo.










Por outra banda, ten lugar na biblioteca unha exposición de libros para celebrar esta data.



6.6.24


ENCONTRO COA DRAMATURGA CARME VARELA

 


Na nosa biblioteca tivo lugar o encontro da dramaturga galega Carme Varela co alumnado de 2º BACH E de artes escénicas e musicais.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Lingua e literatura galega para a materia de artes escénicas.

A dramaturga falou co alumnado da súa traxectoria como escritora, centrándose  no seu primeiro texto dramático: As desterradas(2021) Premio Álvaro Cunqueiro.







Dúas alumnas Alba Pérez Villa e Valeria Moncado Avendaño dramatizaron un pequeno fragmento da obra.