23.4.09

Día do libro...por materias

Hoxe, culminando a celebración da semana do libro, sacamos os libros ó vestíbulo. Este ano dun xeito especial, pois fixemos a exposición dos libros daquelas materias que están a elaborar os itinerarios lectores, a excepción de latín, que os sacaremos na exposición sobre Roma. Ademais serviron de mostra para a comisión pedagóxica que se desenvolveu pola tarde, onde se aprobou o proxecto lector e chegouse ao acordo de propoñerlle ó claustro unha hora de lectura completa á semana para todos os grupos da ESO.
Durante a mañán, ademais, tivo lugar un ciclo de conferencias a cargo da Cámara de comercio, nas que se animou á creación de iniciativas emprendedoras no mundo da empresa.

7 comentarios:

MESTURAS dixo...

Gústame esa entrada de exposición de libros por materias. Gústanme eses expositores tamén. Moi chulos, si señor

olga dixo...

Pois agora xa saberás que todo eso é posible grazas a Aldo Manucio ¿ou xa o sabías?

mar dixo...

Moi boa a idea de sacar os libros da biblioteca e achegalos ao vestíbulo. Sobre todo estes libros, un pouco máis descoñecidos en xeral. Cantas publicacións divertidas e interesantes hai para cada materia!
Moitas grazas, Biblioteca.

bibliotecadocole dixo...

Unha idea excelente para mostrar o que tedes. Vense por ahí uns títulos interesantísimos.Tedes unha colección estupenda.

criscap dixo...

Non hai mellor idea para que se vexa que os libros tamén existen. E non morden!. Ademais, facéndoo por materias, trasmítese a idea de que ler non só significa "ler literatura", que está moi ben. Parabéns

Biblioteca IES Fontexería (Muros) dixo...

Ola, saúdos desde Muros. A nosa Biblioteca faivos o agasallo de considerarvos Blog Maneiro. Se non coñecedes esta iniciativa, pasádevos polo noso blog. Saúdos, bo traballo e ánimo, que hai quen vos olla

martalectora12 dixo...

Os libros no vstíbulo deron moito xogo, foi unha forma de que os alumnos non tan aficionados a biblio tivesen unha oportunidade de coñecer algúns volúmenes que eran case descoñecidos paa todo o mundo.