6.12.19


XUNTANZA  CLUBS DE MANGA ALEXANDRE BÓVEDA. 2 DE DECEMBRO 2019

O pasado luns 2 de decembro celebramos a 1ª xuntanza de clubs de Manga deste curso 2019-20. Viñeron a compartir con nós esta xornada de xogos e actividades os IES de Tui, Indalecio Prieto e Sampaio, os nosos veciños do IES Álvaro Cunqueiro, e unha pequena representación do club de Manga do IES Ricardo Mella. 

Como en edicións anteriores disfrutamos dunha chea de actividades e concursos.

Comezamos ás 10 da mañá co xogo Pokemon





e outro como Adiviña o opening
                  e o de debuxo onde compitiron duramente polos premios no salón de actos.











Na biblio, mentres tanto, explicaban a dinámica de LOBOS.




para logo poder xogar ao largo da mañá dúas partidas deste xogo que gusta moitísimo.



Moi interesante foi a colaboración do club de xogos de mesa que dedicaron un tempo a explicar e xogar na biblioteca con todos e todas as interesadas.
 As partidas foron moi divertidas e o profesorado dos outros institutos tomaron boa nota!!!



No tempo do recreo para non interferir na dinámica do centro, léronse historias de Terror.
   pois a temática da xuntanza mesturaba o Terror e o Nadal.


As actividades continuaron la segunda parte da mañá  cun tutorial de Xaponés.


                                               e un obradoiro de origami.

Ambas actividades desenvolvidas na biblio e cun alto nivel de participación. 
Para rematar as actividades da mañá no salón de actos podían anotarse a unha charla sobre Kpop ou participar nun Pictionary de Terror na sala de ordenadores da biblioteca.



O tempo de comer e compartir chegou. Viña ben un descanso logo da mañá tan completa e dinámica.

Á tarde comezamos no ximnasio cunha actividade moi divertida: Krampus vs Duendes. Pero ás 16.30 era a hora do concurso estrela: o concurso de Talentos


onde as nosas bailarinas do grupo TKN gañaron merecidamente o primeiro premio cun baile espectacular!!!.


Coa entrega de premios puxemos fin a esta nova edición da Xuntanza de clubs de Manga despedindo ás novas amizades, cansos de xogar e compartir a nosa paixón.







3.12.19





EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DOS DIARIOS DE VIAXE DO NOSO ALUMNADO NO REINO UNIDO



Durante o mes de decembro  están expostos na biblioteca os diarios elaborados  polos alumnos e alumnas de 4º de ESO asistentes ao programa P.I.L.I.(Programa de Inmersión Lingüística en inglés) para as súas clases de inglés.
Este programa organizado cada ano polo concello de Vigo en diferentes cidades británicas, levou ás mozas e aos mozos do I.E.S Alexandre Bóveda ás localidades de Norwich e Chester.




A través destes diarios o noso alumnado ten a oportunidade de reflexionar sobre a súa experiencia británica: unha nova escola, novos colegas e amizades, unha nova familia. Un feixe de novidades que, xunto coa inmersión lingüística que caracteriza este programa educativo, foi unha emocionante aventura para moitos destes novos viaxeiros.






















EXPOSICIÓN
 AS MATEMÁTICAS A TRAVÉS DAS VIÑETAS DE FORGES                          


Durante os meses de novembro e decembro podemos ver no hall do instituto a exposición AS MATES POR FORGES cedida polo profesor Ángel Álvarez Paz.
































































5.11.19

24 de Outubro  DÍA DA BIBLIOTECA



 O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.
Van xa máis de dúas décadas dende que a Asociación Amigos del Libro Infantil y  Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións  ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo.
O cartel deste ano 2019 é do ilustrador valenciano Miguel Calatayud e o pregón de Gemma Pasqual.


A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Tradución: Héctor Cajaraville


Nós, invitamos a tod@s a dirixir os seus pasos cara á nosa biblioteca con estas pegadas vermellas.



As pegadas vermellas polo corredoiro ata a biblioteca