31.10.22

 

      PREPARANDO O SAMAÍN


Esta semana  decoramos a biblioteca cos motivos do Samaín  e temos unha exposición de libros de temática terrorífica.







Os alumnos de 2º ESO A: Cayetana, Guille e Mónica fixeron este simpático cartel para animar ao alumnado a visitarnos.




23.10.22


 FORMACIÓN DE USUARIOS NA NOSA BIBLIOTECA


 Esta primeira semana do mes de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca as sesións de formación de     usuarios para o alumnado novo do noso instituto.

 As profesoras  encargadas da biblioteca explicamos o funcionamento da mesma e entregamos ao   alumnado o seu carnet co seu número de lector.

Animámolos tamén a formar parte dos diferentes clubs: de lectura, de manga, de xogos de mesa e do Comando Igualdade. 

E sobre todo animámolos a visitar a nosa biblioteca e o apaixonante mundo dos libros !!






O alumnado de 1º E.S.O B na biblioteca coa súa titora e a coordinadora da biblioteca.



 


BIBLIOTECA I.E.S ALEXANDRE BÓVEDA

CURSO 2022-2023



Por fin neste mes de outubro podemos abrir de novo a nosa biblioteca.

Este pequeno retraso por mor das obras de mellora que se levaron a cabo durante o verán e que fan a nosa biblioteca máis acolledora.

VINDE  VISITARNOS!