10.3.18

8 DE MARZO

Para celebrar o 8 de marzo no centro, o grupo de 4ºESO B fixo un traballo de investigación que está a ser exposto na entrada do insti acompañado de un conxunto de libros do anaquel de IGUALDADE que temos na biblioteca.
O traballo de investigación centrouse en tres temas: A revolta das Pedradas de 1908, unha protesta na comarca de Ferrol pola carestía da vida, que celebra este ano o centenario e que foi protagonizada polas mulleres. Esta revolta se saldou con mortos e feridos e constitúe un episodio máis da loita das mulleres por mellorar os dereitos da cidadanía.









A asociación feminista do barrio de Coia DORNA, este grupo de mulleres que naceron como asociación nos anos 70, cando se desenvolve o polígono de vivendas de Coia, viñeron a charlar co alumnado de 4º ESO para contarlles o porqué da necesidade da súa asociación e porqué apoian a folga feminista do 8 de marzo. 



Folga das traballadoras de Bershka de Pontevedra. Alumnas de 4ºESO B entrevistaron na sede sindical a un grupo de traballadoras que protagonizaron esta folga que pretendía mellorar as súas condicións de traballo que permitiran a conciliación familiar e laboral e igualara soldos. Esta entrevista a podedes ver neste link.
Todos estes traballos e materiais están expostos na entrada do insti xunto con libros da biblioteca que podedes levar en préstamo. A información sobre a folga feminista do 8 de marzo, actos en Vigo e no centro foi elaborada polo Comando de igualdade.
O día 7, no segundo recreo e na pista cuberta do patio, o Comando invitou a todas as rapazas do centro a un acto reivindicativo para visibilizar a folga estudiantil.