6.6.26

Deica o curso 26-27!

Chegou xuño...e xa cheira a verán e vacacións!! Que gusto vai ser ir á praia e relaxarnos despois deste intenso ano. 

Desde a Biblioteca queremos agradecer á toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) a boa acollida da nosa biblioteca. Foi un ano cheo de actividades e eventos. 

O noso obxectivo para o ano que vén é mellorar aqueles aspectos que nos indicastes nas enquisas e ir medrando conxuntamente. 

Grazas a todos e todas!! Deica o ano que vén!! A gozar do verán!!!


 

 

 

5.6.26

Apadriñamento e amadriñamento lector

E, coma todos os anos, chegou o día do apadriñamento e amadriñamento lector: o 5 de xuño. Este ano foi o alumando de 1º ESO C o encargado de lles leren ao alumnado de infantil do CEIP Seis do Nadal. O encontro foi na Bouza, para compartir lecturas ao aire libre e poñer en valor a nosa contorna natural. 

Coma sempre, foi un pracer ver como o alumnado de primeiro da ESO se implica e coida dos máis pequechos e pequechas. 

Todos gozaron deste xornada lectora!


 

3.6.26

Scape room para alumnado de primaria

O 20 de maio tivemos o pracer de recibir no noso IES o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos e doutros da contorna. 

O equipo de Orientación e da Biblioteca creamos un Scape room para coñeceren un pouco máis o IES Alexandre Bóveda, o seu futuro centro educativo. 

Foi unha mañá moi agradable!