28.5.26

Scape room sobre Begoña Caamaño


Unha das actividades que levamos a cabo na Semana das Letras foi un Scape room para todo o alumnado de 1º ESO. A temática, como non, tratou a homenaxeada das Letras 2026 e ex alumna do IES Alexandre Bóveda: Begoña Caamaño.

Este Scape room foi creado polo equipo de profesorado que participou no curso de formación permanente do profesorado: Charo, Alberto, Sergio, Rosa, Amancio, Judith, Lourdes, María Lestón, Lorena Seijo, Mer, Loreto, Fani, Irene e Bea. Mais para a decoración e ambientación tamén contamos coa axuda inestimable de dúas alumnas de artes escénicas: Laura da Vila e Sofía Rivas. 

Para ser o primeiro scape room que poñemos en práctica na biblioteca... o resultado foi moi bo!

Grazas a todos e todas pola vosa participación!