28.2.26

San Valentín

O 14 de febreiro tamén é o Día da amizade, e no noso instituto quixemos celebralo dunha maneira moi especial: escribindo cartas! 

A Biblioteca, o departamento de galego e o EDLG animaron o alumnado a escribir cartas en galego, cun ton optimista e educado. Os destinatarios foron principalmente os amigos e amigas, aínda que houbo cartas para algún profesor ou profesora e mesmo para o persoal non docente. O profesorado da materia de lingua galega recolleu a meirande parte das cartas, pero tamén algunhas foron depositadas na caixa do correo que estivo na biblioteca. 

O reparto das máis de cincocentas cartas fíxose entre os días 19 e 20 de febreiro e encargouse o alumnado voluntario de 1º da ESO (e outro alumnado e profesorado colaborador).

Agradecer a enorme participación e tamén aos encargados de que as cartas chegasen aos destinatarios/as.




 

 

 

26.2.26

Chistes e monólogos cómicos

 O mércores 11 de febreiro realizouse na biblioteca (durante o segundo recreo) unha sesión de chistes e monólogos cómicos, onde participaron Carlos Quintás, cun monólogo, Martín Vidal, Tomás Pérez, Samuel Márquez, Daniel Rodríguez e Esteban Vaqueiro, estes últimos con varios chistes curtos. A biblioteca estaba chea, así que foi todo un éxito de público. 

Agradecer aos valentes que saíron a divertir os asistentes! 


 

 


19.2.26

A Casa Grande

O 12 de febreiro houbo outra xuntanza do Club de familias e profesorado. Desta volta, o libro que se escolleu foi A Casa Grande, de Olaia Sendón, finalista do XLII Premio Xerais de Novela.

Unha obra que nos achega ás contradicións das relacións familiares e nos fai pensar na Casa Grande de cada un de nós.

Como podedes ver nas fotos, coincidiu co tempo de Entroido, e as participantes animámonos a virmos de Entroido.


 




9.2.26

Isto é un Quebracabezas!

Como xa comentamos nalgunha outra nova, este ano é ano de cambios. Unha das seccións que puxemos en marcha foi a área de Quebracabezas. E a verdade é que foi moi ben acollida polo alumnado. Aquí vos deixamos algúns exemplos dese bo facer. 

Grazas por acollelos tan ben!


 







6.2.26

Entroido

Xunto co equipo do EDLG e o voluntariado da Biblioteca decoramos con motivos do Entroido o interior da Biblioteca. 

Todo a comunidade educativa se fotografou no photocall do Entroido.