12.5.17

Xogo para conmemorar o Día das Letras Galegas






No Alexandre Bóveda vanse celebrar as Letras Galegas. Este ano dedicadas a Carlos Casares. E pensamos nunha maneira de facelo, á vez, entretida e instrutiva.

         E organizamos un dobre concurso:

1. Elaboración dun encrucillado con preguntas que o alumnado debe buscar en distintos lugares do centro: na biblioteca, en conserxería, en vicedirección,… onde se atopa a figura do trasno, atoparanse diferentes preguntas  alusivas á vida e obra do personaxe homenaxeado.

2. Unha vez resolto o encrucillado, con cada resposta imaxinarán un xeroglífico.

E cada xogo (debidamente resolto) participará nun sorteo.





10.5.17

CARLOS LOZANO HEREJÍA 21 MARZO 2017



Como xa vén sendo habitual, todos os cursos o Departamento de Lingua Castelá pon en contacto ao alumnado cos autores das súas lecturas. En esta ocasión  é Carlos Lozano o encargado de comentar Herejía con 3º da ESO.

Carlos Lozano empeza dicindo que  tivo que documentarse amplamente para poder situar a acción na Idade Media, unha viaxe no tempo  á Zaragoza do século XV. Como autor habitual de thriller, tamén  está é unha historia de suspense, para o que hai que planificar perfectamente o escenario e que ningún cabo quede sen atar. Tamén hai unha historia de amor , pero coa mentalidade de xoves do século XV, con uns principios e modos de actuar moi distintos aos actuais.

Ao alumnado resúltalle apetecible unha viaxe no tempo á aquela época apestosa, caótica, insegura.. coa presenza constante da tremenda Inquisición.  As preguntas dos estudantes amosaron que a novela foi lida con moito interese.  Lozano, como non, rematou firmando exemplares do seu libro.

Luns 24 de abril, nova xuntanza dos clubs de Manga da área de Vigo. Esta vez convidados polo Coia 4 que nos tiñan preparado unha mañá no instituto chea de actividades: charlas, obradoiro de Magic, concurso de debuxo, concurso de Pokemon...

Sarela e Lucía deron unha charla na biblio sobre machismo e anime, moi, moi interesante e que deu pé a moito debate.

Uxía e Pablo, os nosos expertos en Pokemon, quedaron 2º e 3º na competición...

Para comer, e dado o magnífico día de sol, camiñamos cara a praia de Samil e alí se desenvolveron as actividades da tarde e, o máis importante, a entrega de premios!!!

O mellor, coma sempre que nos xuntamos, compartir a paixón polas historias, personaxes e xogos do MANGA.

Ah!!! e como vemos na foto, cada vez somos máis neste club!!!