26.12.18

 

TELMO COMESAÑA NO INSTITUTO


O  mércores 19 de decembro recibimos a visita de Telmo Comesaña, presidente da Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36, que compartiu co alumnado de 4 ESO as súas vivencias.

Durante dúas horas no salón de actos contou ao alumnado a súa experiencia vital como neno para comprender o porqué do asesinato do seu país e o seu activismo como adulto para a recuperación da memoria destes feitos na provincia de Pontevedra.

A súa testemuña  achéganos a unha realidade estudada nos libros de historia, pero a emoción do seu relato de vida  lémbranos que detrás dos feitos están as persoas.

O Instituto Alexandre  Bóveda quere agradecer a súa xenerosidade e esforzo e recoñecer a súa labor na defensa da liberdade que hoxe todos e todas desfrutamos.


Telmo Comesaña 



o
O seu pai

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


 O 9 e 10 de novembro , tiveron lugar as Xornadas de Bibliotecas escolares en Santiago. Como sempre , foron muy interesantes, non solo polas conferencias que sempre invitan a repensar o papel da biblioteca nestes tempos , senon tamén polas recomendacións de lecturas que cada invitado suxería.




Con respecto as experiencias levadas a cabo por compañeiros doutros centros, a mais interesante foi a interacción da biblioteca escolar e os museos.

2.12.18

XUNTANZA DOS CLUBS DE MANGA

O pasado luns, 12 de novembro, , o Club de manga do IES Alexandre Bóveda inauguramos a tempada organizando a primeira xuntanza de Clubs de manga deste curso 2018-19.Os membros do club traballaron arreo organizando unha chea de actividades, concursos, charlas… 
Pouco a pouco foron achegándose ao club de Manga do Coia 4 , Escolas Proval de Gondomar, IES A Paralaia de Moaña e este ano estrenábaNse o club de Manga do IES Valadares e do IES Carlos Casares. Benvid@s!!

A mañá comezou co recibimento e xa axiña comezou o Torneo de Pokemon con temática de Halloween na biblioteca para uns, mentres que outros permaneceron no salón de actos para escoitar o concurso de historias de terror.

Logo comezou o concurso de Cosplay, tamén no salón de actos, en tanto que na biblioteca se celebraba o Quiz de terror. Tiveron que tomar decisións no concurso de Cosplay e no de talentos. En ambos o público estivo entregado ante a calidade dos concursantes.  



Mentres na biblioteca tiña lugar un torneo de Pictionary con personaxes manga e temática de Halloween, o escenario do salón de actos enchíase cos participantes do Random K-Pop Challenge.
No concurso de debuxo houbo varios participantes . Todos os que acudiron á xuntanza, recibiron á entrada un gomet que debía colocar sobre o debuxo que máis lle gustase. E a verdade é que non resultaba nada doado escoller.



Nos demais concursos houbo un imparcial xurado composto por Alba do Álvaro Cunqueiro, María do IES Valadares e Curro do IES A Paralaia. E seica non o tiveron nada fácil para decidir quen gañaba cada concurso.
Ao mediodía, houbo pausa para comer, para interactuar e para coñecerse mellor. E a tarde comezou coa entrega de premios, que estaba prevista para última hora, pero adiantouse porque algúns tiñan que marchar antes de que rematase a xornada.
E tamén pola tarde houbo variedade de actividades para escoller: uns participaron na charla sobre maquillaxe de efectos especiais, mentres que outros sairon ao patio para xogar a Lobos. Finalmente non deu moito tempo e a partida quedou sen xogar. Foi unha mágoa, pero polo menos aprendemos a dinámica do xogo, e queda pendente a partida para a vindeira ocasión.
Rematamos a xuntanza coa obra de teatro representada por todos os membros do noso club e escrita por Saray, un éxito e unhas risas que intentaremos representar en outras celebracions do instituto. Un fantástico xeito de celebrar Halloween.
Despedímonos ata a próxima xuntanza ,contentos de que todo saira ben, a organización foi estupenda,os rapaces traballaron moito e remataron moi cansos pero felices. Parabéns aos rapaces e rapazas!!!



CLUB DE LECTURA  MÍO,MI PEQUEÑO MÍO

O LUNS 5 DE NOVEMBRO REUNÍMONOS TAMÉN O CLUB DE LECTURA DE 2ºESO PARA FALAR DE” MIO, MI PEQUEÑO MÍO”, DE ASTRID LINDGREN.



A XUNTANZA FOI MOI POSITIVA XA QUE É UN LIBRO QUE GUSTA MOITO AO ALUMNADO MÁIS NOVO. ADEMAIS DE CONTAR A SÚA IMPRESÍON DA NOVELA, FORON QUEN DE DESCUBRIR ALGUNHAS DAS VOCES ÁS QUE RECORRE A AUTORA, TALES COMO OS CONTOS POPULARES EUROPEOS COMO BRANCA NEVES, OU O FRAUTISTA DE HAMMELIN, AOS QUE A AUTORA DA A VOLTA E OS CONVERTE EN POSITIVOS.
TAMÉN MENCIONARON RECURSOS QUE RELACIONARON CON HARRY POTTER , PERO QUE VEÑEN DA NOSA TRADICIÓN ORAL COMÚN E DO MEDIEVO, COMO A CAPA MÁXICA DE SIGFRIDO.
E  EMOCIONARONSE COAS METÁFORAS TAN AMABLES E AFECTUOSAS COAS PERSOAS E A NATUREZA.


CLUB DE LECTURA  BARRO DE MEDELLÍN


O PASADO 5 DE NOVEMBRO TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA DO NOSO INSTITUTO O PRIMEIRO CLUB DE LECTURA DOS PEQUENOS. NESTA OCASIÓN OS ALUMNOS DE 1º DE ESO FALARON DE  BARRO DE MEDELLÍN DE ALFREDO GÓMEZ CERDA.








Este é o resumo de Mateo Segovia de 1º ESO D :

Barro de Medellín é un libro que trata sobre dous nenos que viven no barrio de Medellín, Colombia. A súa vida transcorre mentres dan paseos polo seu barrio, o máis fermoso do mundo enteiro. O pai dun é delincuente e o doutro é alcohólico. Camilo ten a permanente idea de que o seu único futuro é ser ladróns e que de maiores formarán unha banda , eles serían os xefes, pero el máis que o seu amigo Andrés. O que non se esperan é que unha inesperada viaxe á biblioteca Parque España alterará a súa forma de ver a vida. 
Os aspectos que mellor resalta o libro son:
·A felicidade malia non ter nada: para eles o único necesario é a súa amizade.
·Fai que valoremos moito as cousas que temos e que no mundo hai xente que de verdade o pasa mal.
·Dá que pensar sobre que hai nenos no mundo que non teñen uns pais que os protexan de todo, senón que ata os maltratan.
·Tamén que nunca é tarde para dar marcha atrás e recapacitar sobre o que fixeches.

Recomendo de verdade este libro, faiche valorar as cousas que tes pero non te dás conta do importante que son na nosa vida cotiá, aquí, no primeiro mundo.