26.2.16

O Principiño

Os alumnos e alumnas de 2º C, D, E, a proposta da profesora Susana,  leron O Principiño e escribiron un diario de lectura que presentaron nun soporte relacionado co libro. Unha preciosa actividade que adorna a biblioteca do centro estes días.

Comprobade vós  como rosas, árbores, planetas, caixas, elefantes...esconden as palabras dos diarios de lectura:



24.2.16

PiliVigo 2015

Recollemos  o relato da experiencia dunha alumna do noso centro

Non sei moi ben como empezar a escribir a miña experiencia. O primeiro día xa no aeroporto na miña cabeza estábanse pasando moitísimos momentos que pronto sucederían pero ao mesmo tempo de estar ilusionada tamén tiña medo e nervios, sobre todo da familia.
Os primeiros días  a situación era extraña, e coa familia sentíame incómoda pero ao cabo de catro ou cinco días acostumbreime de tal maneira como se os coñecese de fai tempo. O inglés xa era habitual escoitalo, e as persoas da casa eran moi agradables comigo.
As actividades estaban ao gusto de todos, habería algunhas que non gustaban moito e outras que querías repetir unha e outra vez…  Esta experiencia foi unha maneira de aprender outras culturas, a forma de vida alí é moi diferente sobre todo nos horarios, pero acostúmbraste fácilmente. Tamén vives a experiencia de levar uniforme á escola, os primeiros días faite moita ilusión pero a segunda semana xa estás farta de levar eso. Coñeces tamén a distinta maneira educativa. Todo o día era aprender novas cousas sen darte conta, se non que pasándoo ben non parabas de aprender. Como en toda experiencia, ten que haber algo malo e neste caso é a comida: tod@s faciamos paradas no supermercado de vez en cando.
Entre todos vivimos momentos incribles e fixemos lazos de amizade moi grandes, nesta oportunidade tamén aprendes a valerte por ti mesmo.
Esta experiencia é unha que repetería unha e outra vez, ás veces pensas en darlle a un botón é volver cara atrás.

Eu anímovos a ir, a pesar de estar inseguros, eu non o estaba, entreguei todos os papeis e agora encantaríame poder ter esa oportunidade de novo .

E agora contemplade os preciosos diarios nos que alumnos e alumnas recolleron o vivido:


18.2.16

La vuelta al mundo de un forro polar rojo

O alumnado do Club de Lectura tamén participou dentro de Proxecto Interdisciplinar levado a cabo polo profesorado das distintas materias en 3º da ESO. Un grupo deles encargouse de debuxar o mapamundi que serviría para colocar as etiquetas da roupa segundo o lugar da súa  manufactura. Asemade, os alumnos do club encargáronse de recordar aos seus compañeiros de traer as etiquetas das súas casas para seren colocadas no mapa.
Na sesión de lectura, repasamos os diferentes capítulos recordando a viaxe do forro polar vermello, incidindo na problemática económica ou social que se reflexaba en cada un deles. Para o alumnado máis pequeño resultou unha lectura algo densa e confesaron que o leron moi por enriba; non así os maiores, que demostraron moita madurez á hora de falar de pros e contras do noso mundo globalizado e mostráronse especialmente sensibilizados con problemas como a contaminación, a necesidade de enerxías alternativas ao petróleo e a situación laboral dos que confeccionan as nosas roupas baratas (e non tan baratas).

3.2.16

Mercadillo solidario



O alumnado do grupo de 1º Bacharelato D do IES Alexandre Bóveda organizou un Mercadillo Solidario de Nadal durante a derradeira semana do trimestre. A actividade foi o resultado do traballo sobre Comercio Xusto, entre outros temas, que se desenvolveu nas clases de ciencias sociais e inglés coas profesoras Ana Álvarez a Mª Luz Valencia. Durante os dous recreos de luns a venres un grupo de alumnos e alumnas turnouse para atender o posto con productos de Comercio Xusto de OXFAM, básicamente artesanía e alimentación. A participación foi moi alta. Toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, personal de conserxería, limpeza e administración, pais e nais e mesmo os obreiros que facían obras no centro, TODO o mundo pariticipou con entusiasmo, chegando a desbordar as expectativas máis optimistas.

Nas contas finais, acadamos un total de arredor de 650 euros, o cal pódese considerar un éxito que nos anima a repetir a experiencia en cursos vindeiros.