31.3.26

Mulleres que viven xuntas

O 18 de marzo houbo outra xuntanza do Club de familias e profesorado. Desta volta, o libro que se leu foi Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino, pseudónimo da escritora luguesa Rocío Otero, XLII Premio Xerais de Novela 2025.

Unha obra que nos achega ao encontro de dúas mulleres totalmente distintas, Chus e Isabel, que ao longo dos anos de convivencia van tecendo a súa rede de amor e paixón, contra todos os impedimentos sociais e culturais que as rodean.


 

 

 

 

12.3.26

23 de febreiro: Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía, desde o Equipo da Biblioteca e o EDLG realizouse un recitado poético dos seus versos máis coñecidos, no que participou alumnado e profesorado do centro. O acompañamento musical estivo a cargo de Maia Sáez (4º ESO B) e Laura Cabo (4º ESO D) e Marieta Maguna (2º Bach. D) fixo unha breve introdución á obra da nosa escritora homenaxeada.

Listaxe de poemas e persoas encargadas de interpretalos (pódese acceder a algúns dos vídeos dese recitado):

Cantares gallegos (1863):

- "Has de cantar" (Estefanía González, profesora)

- "Nasín cando as prantas nasen" (Sofía Di Fabio, 2º ESO C)

- "Quíxente tanto, meniña" (Martín Vidal, 2º Bach. B)

- "Adiós ríos, adiós fontes" (Noa e Antía, 1º Bach. E), que ademais dramatizárono.

Follas novas (1880)

- "Unha vez tiven un cravo" (Vera López, 2º ESO C)

- "Pra a Habana" (Sol e Antía, 1º ESO A)

- "A xustiza pola man" (Rosa Vázquez, profesora)

- "Tecín soia a miña tea" (Carmen Varela, 2º ESO C)

- "Negra sombra" (Noa, Antía e Marieta, 1º Bach. E e 2º Bach. D), dramatizado polas mesmas alumnas.

Agradecer a colaboración e a asistencia.

 














 

9.3.26

8M na Biblioteca

Para celebrar o 8M, montouse un photocall na biblioteca para que alumnado e profesorado amosasen o seu apoio e a súa forza nesta data tan reivindicativa.

Agradecer a participación!










 

2.3.26

Obradoiros Ponte...nas ondas!

A Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE... NAS ONDAS! realizou na biblioteca dous obradoiros radiofónicos e musicais a cargo do locutor Damián Alonso e do músico Pancho Álvarez. 

Un deles realizouse o 23 de outubro e nel participou alumnado de 1º da ESO D, que traballou a escritura dun guión radiofónico e tamén prepararon temas musicais. Na última parte desta actividade, gravaron dun programa radiofónico coas intervencións dos rapaces e rapazas que tamén cantaron cancións populares como “A Virxe de Guadalupe”. 

O segundo obradoiro realizouse o 25 de febreiro. Nesta ocasión asistiu o alumnado de 2º ESO E e varios rapaces e rapazas que colaboran habitualmente na radio escolar O Son da Noca.

A gravación en directo deste programa está dispoñible na radio escolar O Son da Noca

Canto talento temos no noso instituto!