Unha das actividades que levamos a cabo na Semana das Letras foi un
Scape room para todo o alumnado de 1º ESO. A temática, como non, tratou a
homenaxeada das Letras 2026 e ex alumna do IES Alexandre Bóveda: Begoña
Caamaño.
Este Scape room foi creado polo equipo de profesorado que participou no curso de formación permanente do profesorado: Charo, Alberto, Sergio, Rosa, Amancio, Judith, Lourdes, María Lestón, Lorena Seijo, Mer, Loreto, Fani, Irene e Bea. Mais para a decoración e ambientación tamén contamos coa axuda inestimable de dúas alumnas de artes escénicas: Laura da Vila e Sofía Rivas.
Para ser o primeiro scape room que poñemos en práctica na biblioteca... o resultado foi moi bo!
Grazas a todos e todas pola vosa participación!






.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario