10.5.09

Presentación do Dicionario de escritores de Deza


O pasado Venres, en Lalín, un nutrido grupo de bibliotecarios escolares quixemos arroupar á nosa compañeira, Gracia Santorum, na presentación da súa obra "Dicionario de escritores de Deza", editado por Fervenza. Un emotivo acto que comezou e rematou coa música de laúde de Diego Rojo e no que, ademais da autora, interviron o prologista Mario Pereira e o contacontos Celso Fernández Sanmartín. Coa sala do museo Ramón María Aller Ulloa abarrotada, Gracia emocionounos a todos coas súas palabras sempre cheas de gratitude e amizade. Pero o verdadeiramente importante era a obra da que se estaba a falar, un dicionario que nalgunha medida rescata do esquecemento parte do noso legado cultural .

Aquí deixo a reportaxe gráfica:






1 comentario:

Ronsel dixo...

Es ti quen sempre me emciona cos teus xestos e cariño... Grazas, xa o sabes, por estar aí, SEMPRE.