15.5.09

Día das Letras Galegas... As nosas

Hoxe celebramos outra tanda de actividades das Letras Galegas:

Algúns grupos de 1º e 2º ESO viñeron, durante dúas horas, á biblioteca, onde realizaron lecturas públicas de textos seleccionados por eles previamente (predominaron as poesías, aínda que tamén houbo contos e algún relato moi breve). Magnífico traballo deste alumnado que xa asistira en marzo aos actos do día da poesía.

Os demais grupos de 1º e 2º, nunha sesión, e os de 3º e 4º, noutra, asistiron no salón de actos ao visionado de presentacións de power point de poesía galega musicada. Alí estaban Martín Códax, Bernal de Bonaval, Airas Núnez, Francisco Añón, Rosalía, Pondal, Curros, Cunqueiro, Celso Emilio, Lois Pereiro, Bernardino Graña e un auditorio que ás veces cantou e outras tantas barullou.

Os de 1º BACH. tiveron unha conferencia sobre Ramón Piñeiro a cargo do profesor Álvaro Varela. Foi unha conferencia dun gran nivel intelectual e expositivo que nos tivo atentos de principio a fin. O amigo Álvaro foi desgranando con claridade as claves biográficas, políticas, literarias e culturais do persoeiro homenaxeado este ano. Esperamos a súa próxima conferencia-recital (a principios do próximo curso), que versará sobre o noso Ramiro Fonte.



E no recreo, o noso grupo favorito "Os farfalleiros", tocaron varias pezas, entre elas o Pirín pimpím, acompañados vocalmente polos grupos de música dirixidos pola profe Ángeles, tras semanas de duro ensaio... Tamén houbo baile. Deixamos aquí un vídeo (baixa calidade) do acontecemento musical

video



E para a semana... OLIMPIADA DO SABER

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Se as bibliotecas dedícanse a organizar festas... os docentes a que se dedicarán?
Parabéns currantes.

luca dixo...

Ai Beni, felicidades como sempre para ti e o teu grupo "bibliotecario" porque así é como se fan os instis e non so con clases "magistrales".
Congratulations polo voso labor sempre
Bicos mil