21.4.08

Rally matemático. Outra vez primeiros.

O grupo de 3º E do noso instituto proclamouse vencedor do Rally Matemático sen Fronteiras. É a cuarta vez que obtemos premio neste certame (no 2005 e 2007 gañadores na modalidade 4º ESO, e no 2004 segundos en 3º ESO). Felicitamos dende aquí o alumnado participante así como á profe Alejandra Pereira que foi a encargada da súa preparación. Outro ano máis a organizar a viaxe a Toulousse, pois este é o premio: unha viaxe a Toulousse para todo o grupo.
Cando funcione o "cacharriño de subir imaxes" poñeremos a foto da noticia que sae no Faro de Vigo do día 15.


1 comentario:

Anónimo dixo...

PARABÉNS AOS ALUMN@S DE 3ºE E A TOD@S OS QUE FORMADES PARTE DO IES ALEXANDRE BÓVEDA!! UN GUSTAZO TER TAN BOA MATERIA PRIMA. BOA VIAXE A TOULOUSSE!!