26.4.08

EXPOSICIÓN: VIAXE Ó MUNDO VERNE. OLIMPIADA DO SABER E LIBRO DO MES

Dende principios de curso vimos planificando esta exposición. A idea xurdiu mentras estabamos facendo a programación do PIN, que tiña como tema a Illa de San Simón. Unha referencia ó capitán Nemo buscando os tesouros de Rande e acendeuse a chispa. A partir de ahí dedicámonos a buscar información e imaxes. Tras unha laboriosa selección acabamos montando os seguintes paneis: Obras mais coñecidas de Verne; Biografía e obra completa; Verne no cine e TV; Os amigos de Verne; Algúns coetáneos ilustres; O xénero da ciencia-ficción e principais autores en época de Verne; Liña do tempo Verne; Verne en Vigo; Ciencia, tecnoloxía e historia nas prediccións de Verne. E, por suposto, O capitán Nemo atracou o Nautilus na nosa biblio, á espera de que remate a expo.


Como tódolos anos, o noso último libro do mes será un clásico asociado á exposición: Viaxe ó centro da Terra.


Asociada á exposición comezamos coa Olimpiada do Saber, que durante catro semanas terá ó alumnado buscando polos paneis a información que necesitan para contestar ás 20 preguntas, os dous xogos Pista a Pista e ós dous Preguntóns da semana. Deixamos para outras fontes de información as dúas aposta semanais coas que terán que rendir ó máximo das súas posibiblidades. 25 equipos participando cubren a diario os paneis desta exposición. Dende a biblioteca esperamos que vos deixen un óco para pararvos a ler.


Velaí unha mostra.



6 comentarios:

Asesoría Bibliotecas Escolares dixo...

Preciosa a exposición e excelente o traballo que hai detrás, con vistas ao futuro... menudo mes de maio que vos espera... que o disfrutedes!!!!

Chispa dixo...

Menuda exposición! Canto traballo de invetigación, de recollida..., por non falar da parte plástica! Felicidades a todo o equipo.
Un saúdo desde a Biblioteca do CEIP de Pazos

Biblioafonso dixo...

Tremenda exposicións, tremendo traballo e trebendo equipo de biblioteca. Parabéns.

O Segrel do Penedo dixo...

Fantástico traballo!!!
Parabéns Beni e todo o equipo que fai posible que Verne volte a Vigo.
Apertas dende Fene

Anónimo dixo...

Precioso traballo, parabens a todo o equipo.

Anónimo dixo...

Que traballo tan marabilloso, noraboa a todo o equipo
Biocos dende Arzúa