18.1.08

Iris presenta obra no teatro Rosalía de A Coruña

A nosa alumna Iris Darriba Quesada, de 2º de bacharelato, integrante do club de lectura, outra activista da biblioteca dende que apareceu por aquí en primeiro de ESO, colaboradora desinteresada, gañadora do concurso de biblioteca "A ilustración do ano", vai ver recompensado un dos seus traballos:
un corto de animación a plastilina.
O próximo sábado 19, ás 12.00, o teatro Rosalía de A Coruña abre as súas portas para un concerto didáctico da Orquesta Sinfónica Galega, que interpretará a banda sonora de "O Señor dos Aneis" con xogo de luces e imaxes. As imaxes proxectadas son 5 pasaxes da obra. Unha destas pasaxes é o corto de animación feito con plastilina por Iris.
Noraboa Iris. De aquí ós Oscar.

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns Iris.
Meu Deus, estades que arrasades!!!
Unha aperta dende Fene

Anónimo dixo...

Noraboa Iris;
Esperamos velo e marabillarnos co teu arte.

Juan

Pablo Carrera dixo...

Manda carallo!!!
Como no las gastamos por aquí!
Noraboa por facer ese video e agardo que chegues lonxe nese proxenco.
Agardamos impaciente velo no instituto.
Sorte!!