24.1.08

Sesión universitaria para 1º da ESO

Onte, día 23, visitounos Miguel Ángel Nombela, profesor da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Pero o profesor Nombela non veu dar unha conferencia para os de bacharelato, senón para o alumnado de primeiro de ESO que está a traballar nun proxecto interdisciplinar sobre a Illa se San Simón. O citado profesor é un experto no que se refire ós aspectos biolóxicos e medioambientais da ensenada de San Simón, polo que o alumnado puido extraer bastantes datos desta interesante charla á vez que entrou en contacto co mundo universitario.

Dende a biblioteca queremos agradecerlle ó profesor Nombela a súa disposición e amabilidade.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Me ha gustado moito e pareciame moi
entretido aunque o profesor fuese un pouquiño aburido...
jeje me parecio mooooi chulo pero gustariame moito experimentar o que aparecian nas imaxes.
Pareceme xenial San Simon xa que nos temos que facer un traballo sobre a isla,pero non e aburrido para nada o traballo que facemos e moi bo.



Bueno espero que volvades a colocar unha foto parecidiña...
Esque pareceme moi ben o que estamos facendo so para aprender cousas de isliñas da ria de VIGO.

Ariana dixo...

bueno esta exposicion estuvo bien y todo eso pero yo como estuve atras de todo casi no se oia nada y solo es eso el fallon que tuvieron....y despues podrian poner mas cosas por que fue un poquito aburrida por ejemplo videos o fotos reales no dibujos como los que puso ...y solo eso