A nosa alumna, Helena Alonso Valencia, integrante do club de lectura, activista da biblioteca, redactora no blog http://leraboveda.blogspot.com, gañadora de anteriores edicións de concursos de lectura e "lectora do ano" no curso pasado, ven de gañar o primeiro premio da Olimpiada Galega de Bioloxía.
O venres día 11 de Xaneiro de 2008 celebrouse, na facultade de matemáticas de Santiago de Compostela, a III olimpíada de bioloxía de Galicia para alumnado de 2º de bacharelato. Nesta edición presentaronse 62 alumnos/as de toda Galicia, previamente seleccionados polo profesorado de Bioloxía dos centros de ensino medio galegos. De aquí sairon tres gañadores que serán os que representen a Galicia na fase nacional que se celebrará no mes de Abril en Tenerife. Dúas dos tres gañadores deste ano son alumnas viguesas: Helena Alonso Valencia ( do IES Alexandre Bóveda de Vigo) e Sonia Rodríguez (do IES Santa Irene de Vigo).
O exame consistiu en:
- Unha proba tipo test (80 preguntas a realizar en hora e media).
- Unha proba práctica consistente en: recoñecemento de especies sinxelas, preparacións de citoloxía e histoloxía , recoñecemento de biomoléculas, recoñecemento de estructuras anatómicas e fisiolóxicas humanas elementais…
Os gañadores recibiron un diploma, unha cámara dixital, o custo da viaxe e a estancia nas Canarias para a fase final, e unha axuda de 600 euros para matricularse en calquera das tres universidades galegas.
Os organizadores prevén que o vindeiro curso a olimpíada de bioloxía para 2º de bacharelato ( na súa cuarta edición) se celebrará en Vigo.

A noticia sae publicada no Faro de Vigo (14/01/2008)
2 comentarios:
Noraboa, Helena, un premio merecidísimo, coma todos os que has de levar no futuro.
Parabéns a Helena e a toda a comunidade educativa do Alexandre Bóveda. Debedes estar ben orgullosos!!!
Unha aperta dende Fene
Publicar un comentario