10.3.19

DERRUBANDO MUROS, CONSTRUINDO PONTES



O departamento de Xª e Hª realizou o xoves 7 de marzo co alumnado de 1º de bach. na materia de Hª Contemporánea, unha actividade en colaboración con Oxfam para reflexionar sobre as persoas refuxiadas.
 Usando a técnica do rollplay, a nosa compañeira xa xubilada, Luz Valencia, traballou cos estudantes  as circunstancias que están a vivir as persoas refuxiadas.




 A través do debate reflexionamos sobre conceptos como a empatía, os dereitos humanos, a solidariedade, para construir unha sociedade donde os seres humanos estemos no centro, escapando dos estereotipos, moitas veces interesados, dos medios de comunicación que tratan de facernos ver a migración como algo negativo, esquecendo que os homes e as mulleres, dende as súas orixes, se moven, comparten e se enriquecen mutuamente.

Esta actividade  súmase aos traballos que o alumnado está a facer dentro do proxecto de centro que coordina o equipo  biblioteca "DERRUBANDO MUROS, CONSTRUINDO PONTES".



Ningún comentario: