27.1.19


C

LIBROS DE AGASALLO

Con motivo das festas de Nadal e Reis, involucramos aos rapaces dos clubs de lectura e manga no empaquetado de libros como agasallo para rapaces de familias en risco de exclusión social.
 Os libros foran dados polas editoriais, o papel de agasallo púxoo unha profesora do equipo da Biblioteca . Os rapaces foron empaquetando os libros: dous libros por agasallo e seleccionándoos segundo a idade.
Foi unha actividade moi bonita e gratificante xa que eles  como lectores e  como personas sentíronse útiles e felices de poder agasallar.

Ningún comentario: